Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Escravo (Caracusto)

Escravo de cravos cravados en clandestinos soños, coa mirada perdida nun horizonte inexistente pasan as follas da vida sen mais gloria que a supervivencia

miles de preguntas bailan o son dunha música que tamén descoñecen, coa eterna sede da curiosidade e solteiras para sempre...

pero eu non teño medo...

atópome na terra prometida a persoas que non coñezo, estou perdido nun mundo que non me pertenze, son escravo das miñas dudas que caen na miña mente como follas dun árbol no otoño da existencia

unha lágrima tirase do balcon dos meus ollos...

atópome atado por miles de cadeas á miña terra, a cárcere da miña vida tirou a chave ó fondo dun lago que se secou no caluroso verán do tempo

non me atrevo a ir recoller as chaves que durmen sobre seu fondo...

aora teño medo...

son un sauce que chora por non poder romper as suas raíces, que se move ó son do vento soñando con sair voando...

quixera ser mais soñador... e loitar polos meus soños a bordo dun barco pirata que polas nubes navega

quixera ser mais soñador... e bucear no rastro das miñas lágrimas sen afogarme pola tristeza

quixera ser mais soñador... e armado coa espada da miña alma cabalgar polos pastos verdes que rodean a miña imaxinación

quixera romper a cárcere do medo e ser libre para sempre, pero non podo... a terrible sombra da incertidumbre, precipicio abismal, deixame a oscuras na noite do tempo...

as parcas discuten acaloradamente marionetas dun deus que nunca as bendeciu, as súas miradas tras máscaras enrugadas desvelan o descubrimento da sua inutilidade, e lei de vida, dictada polo reino máis absolutista dos que endexamais existiron, o reino que se cre dono verdade e nunca nos pediu opinión...

quixera ter forzas para pagar a miña liberdade co precio da imcomprensión

quixera ser Eu, dono e señor de min mesmo e que a miña locura desbordase o río da miña vida
08/10/2004 10:12 Enlace permanente. Tema: Os meus tolos.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]