Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




23-9-2004. Charlando con Eristoff

cansado.

estando aquí, esculpindo recordos dunha estupidez tan nítida como inabarcable, como inasequible; estando aquí, a miña silueta conforma o meirande sacrilexio sobre o benestar dunha alma enfeitizada.

feitizo perenne efímero.

feitizo tenue pendurado dunha tolemia na que veu a dar a miña vida como a rocha lanzada polo borracho tres mil catrocentos na noite máis áceda.

oracións por sangue.

sangue porque non me miras.

e non son ese que che chora na esquina grisácea do teu lar o día do vendaval.

son un segredo de deus.

non son nen unha cuarta parte do que son. non me creo nin eu. nin eu me creo finando un día máis, e finando eu neste día créome deus. un deus nihilista, perdido na nada, na noite, en ti e na tontería.

odio cada un deses risos.

odio.

ódiome.
10/10/2004 11:49 Enlace permanente. Tema: Pallas mentais.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.