Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Abraza a escuridade (C. Bukowski)

a confusión é o deus
a loucura é o deus

a paz permanentemente viva é
a morte permanentemente viva

a agonía pode matar
ou
a agonía pode soster a vida
pero a paz é sempre arrepiante
a paz é a peor cousa
andar
falar
rir,
parecer ser.

non esquezas as beirarrúas
as putas
a traición
o verme da mazá
os bares, as cadeas,
os suicidios dos amantes.

aquí en América
asasinamos un presidente e o seu irmán,
outro presidente deixou o oficio.

a xente que cre na política
é coma a xente que cre en deus:
están chupando aire por palliñas
dobradas.

non hai deus
non hai política
non hai paz
non hai amor
non hai control
non hai plan

mantente lonxe de deus
segue disturbando

esvara.
24/10/2004 12:02 Enlace permanente. Tema: Sitas.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: alba

isto recorda a ... a.... a ver que penso ; ao verso de falar, foder , discernir... do poema de lentes de chomsky , diaños, michigan , toques na fronte e linguas ledas de morte. vale non me acordo do título.
ou eso poema recórdame a esto de buk, máis ben.

Fecha: 07/08/2007 03:21.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.

[Blogia apoya al Evento Blog España y los Premios Bitacoras.com 2008 | Medio Oficial: ADN.es]