Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Torturas de esperanza (Caracusto)

E un neno rise ao carón da súa nai... cobixado pola súa presenza astraída...

o paso dos días é unha tortura calmada pola ignoranza, un suspiro nunha garganta infectada, non hai esperanza cando o futuro parece dictado por unha sociedade macabra, e isto convírtese no peor verdugo posible.

é difícil nadar contra corrente cando sabes, que máis tarde ou máis cedo, chegarás ao mar, o frio e inexpugnable mar...

por que estou aquá? pregúntase un presidario co seu corazón desfeito...
por que fago isto? pregúntase un fundamentalista con explosivos no peito...
por que estou aquí? pregúntome eu acostado no leito...

non hai resposta para preguntas sen sentido, non hai camiño cando non hai onde ir...

un sorriso morreu no olvido... e Deus non se acorda como o creou.

Quizais a infelicidade sexa o camiño da verdadeira vida, quizais a loita contra a tortura sexa máis satisfactoria que a ledicia continúa, porque esta última é a evidencia do descoñecemento ou do desinterese pola tenebrosa realidade.

unha bágoa escorrega paseniño por unha meixela enrugada...

tortura do día a día, nadando entre mentiras, mentiras de hormigón cubertas de precioso mármore, como o que un dia cubrirá o frio da morte.

"se hai algunha esperanza, esta radica nas proles"

Non sei qué morreu un neno nun basureiro coa única compaña dos gatos, non sei qué as mentiras celebran a victoria emborrachándose nun bar cercano, non sei qué a morte inutil ten en xaque á senrazón, non sei qué non son como quero, non sei qué quizais esto non teña importancia... e non o sei porque non quero sabelo...

un cabalo cabalga coa cabeza caida sobre o asfalto, coas ferraduras da sorte resoando contra o chan, o seu xinete, poseedor da máis terrible verdade, diríxese a onde só se oe o berro silencioso da alma, quere falar...

a mentira máis grande e a que xamais se pronunciou

son o anxo rebelde, un anxo negro entre anxos brancos, a mentira entre a verdade, a oscuridade entre a luz... son o reflexo da túa existencia...

eu son ti e ti eres eu... somos as dúas caras da mesma moeda, eu son a cara porque ti eres a cruz, quero un pacto

e un neno chora porque esta so...

non hai verdade posible, a imposición da túa bondade e a miña maldade, acaso as túas plagas que matan e castigan os homes por non seguirche, non son tan terribles como o mesmo Inferno? Ti, Todopoderoso, tes poder para perdoar a xente arrepentida... por que permites que sufran a eternidade do Inferno?

os anxos trompeteiros sorríen...

pódoche asegurar que cada un dos que viven no Inferno arrepíntense de non ter seguido a túa doctrina, se eres tan bo como din... PERDÓAOS

os vintecatro anciáns aparecen colgados das vigas dunha igrexa...

non hai máis verdade que a que cada un sinte dentro de si mesmo... séguete a ti mesmo e atoparás o camiño
15/11/2004 10:09 Enlace permanente. Tema: Os meus tolos.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: pekeniña

caray me dejas acongojada, chapeau!

Fecha: 19/11/2004 19:16.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.