![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
O canto ferinte (Caracusto)cabalos de mármore cabalgan desbocados sobre un taboleiro de xadrez coa lóxica por destino, nunca tiveron lágrimas... o crepúsculo sondea no ceo como a bandeira dos nosos dias e eu, maraña de dudas atrapadas na telaraña da mente, fico triste buscando a resposta a soños temerosos. Golpes continuos acompañan os latidos do meu corazón torturandoo... ... nada importa se ti estas ao meu carón.. un berro na noite quebra o silencio, mais a morte segue viva, as tenebrosas ciudades con aires oscuros transfórmannos nunha pedra máis, nunha cidade máis... as nosas veas son cloacas dunha vida sen sentido, unha vida que ninguén nos ensinou a vivir, e que nunca conseguiremos vivir... ... a lúa está máis clara, pero a noite segue sendo oscura... porque os segundos maduran e caen no olvido... pasamos a vida intentando aprender a vivir, intentando conseguir unha mellor vida, para logo non chegar a vivila nunca. ...Deus non chegara á nosa ultima cita... o camiño que nos empeñamos en seguir non leva a ningures, a brisa escura levarase as follas do último otoño e o noso tronco quedara desnudo na epoca máis fría da nosa existencia. son a sombra da miña mirada navegando en círculos concéntricos na auga do váter, só queda esperar que alguén tire da cisterna... os choros de Deus farán a próxima tormenta, despois non virá a calma, todo quedadará mollado e destruido... o silencio máis grande é a sordura da ignorancia teñida de despotismo, a tristeza do arco da vella non se viste de cores en cidades grises e autistas, nas que se camiña coa mirada fuxindo da man pobre nas esquinas, cas agullas do reloxo pisándonos os talóns... o tempo é ouro branco... As dúas caras da moeda queren mirar para arriba, eu cabalgo sobre o borde intentando non naufragar na primeira tormenta. é dificil ser pirata cun barco de papel... a lúa desfaise no ceo como unha pastilla de azucre, apáganse as luces e os pitillos encendidos en aquel refuxio de adolescencia semellan miles de estrellas nun universo fumeante e ruidoso. é a nova forma de vida, nin peor, nin mellor... á esquerda de Xesús o trono está baleiro, unha pregunta quédase sen resposta... as follas do almanaque arden entre silencios e silencios, mentras un furado na terra esperanos impaciente, é lei de vida. 24/11/2004 10:07 Comentarios » Ir a formulario
Ajus. CAda ves é máis fodido tratar de correxir os teus textos. Como o fas? Estás inda a clases de mala ostia ortográica ou algo así?
Algunhas cousas (castelanismos e así) xa nin me atrevo a tocalos, que xa me asustan. Pero moi boa. Na túa liña. Fecha: 24/11/2004 13:50.
PUTO FILOLOGO DE MERDA!!!!! MEXOME SOBRE O LIBRO ONDE ESTAN AS TUAS REGRAS DE ORTOGRAFÍA.
Fecha: 25/11/2004 18:23. |
Archivos
TemasEnlaces
|