Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Isto non é Arkansas

facultade, casa,
facultade, casa,
clase, cama,
biblioteca, escritorio,
chipita, mondarinas,
pilar yagüe, mark knopfler,
bancos verdes, flexo azul...

vida sinusoidal decembrando...

e a miña era tan abrileira...

o próximo botellón fareino con Martinet, Clarín e Sánchez Albornoz.

pero que Clarín traia os xeos,
que ao final sempre cargo eu.

isto xa non é un cuatrimestre;
isto é un paréntese entre verán e primavera.

o outro día, cociñando
invertebradamente
cavilares na aula,
lembreime no petril.

co cu incómodo.
frío moliño.

era o mesmo que estivera alí.

gustaría de voltar unha e outra vez.

non estou para estas cousas.
01/12/2004 15:27 Enlace permanente. Tema: Pallas mentais.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.