![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2004. 07/10/2004Clint, cárgate un puente Hoxe, con rumbo definido, viento de levante e unhas janiñas de fase-lo parvo ke non se poden entender en uns subgéneros de tamaño perímetro craneal, partimos cara a santiajo no primeiro tren ke nos cadre.Obxectivo: Carjarse un puente. Material: por comprar aínda. Lujar: no piso malamente, ke luejo vienen las fuersas del orden y nos fichan (e cando falo de fichar non falo en plan Lendoiro-Acuña). Personal de abordo: por confirmar. Más informasión: nas ensiclopedias hai un lote.null Entre o Xeixo e o Arela hai un millón de cores distintase todo o ke fixen por ti foi ollarte. détxesme a man kando todo perdeu sentido. nunha efímera viaxe ó longo da miña vida percorremos o océano invisible. mergullados nese océano estiven so. era o afortunado espía do espectáculo vital da túa existencia. da túa forza. détxesme a man ó longo do corredor ke nos conduciu a ver un pesadelo dende lonxe e recoñecer nel o irrecoñecible. nunha efímera viaxe ó longo da miña vida percorremos mares tanxibles por seren nosos. e afundidos neses mares o tempo eskeceuse de nós e debuxou no chan un sol, un sol ke se cegou coa túa luz. e só te ollei. pero non estaba so alí. estaba o sol. o sol na escuridade oceánica. Journey through the dark (Blind Guardian)Many songs I've written About the things I saw My inner soul's a wasteland I can't run away from here Try to find them All the lost thoughts in my mind I woke up on a hill So many times before Yesterday seems like a dream no more Frozen memories laughing They don't let me find the truth Am I born to be a king Or a jester of the fools You're the mystical old bard on your journey through the dark Mystical old bard Your journey through the dark I can't remember my name I never knew how to find my home I can't remember my name come tell me where will it end I'm the chosen one To perform all these things But not for me In illusions and reality I'm on my journey through the dark I'm on my journey through the dark I can't remember Will I ever find myself The distance is growing My hope has gone away A flash of light but nothing changes When will it end Which part of me remains Soon I'll be back On my ferryboat of tales Where oblivion reigns It will take all of me 08/10/2004Remate da Acsión EastwoodianaTitulares de esa estraña noite: - "Eeeh!! o la vuelta a la edá de piedra" - "Vamos ó piso do ano pasado" - "Do papel de water podemos sacar máis proveito" - "Vinde á nosa festa, só 1 euro" - "Ke non me vexa a hermana de Pena" Esto poderiase desenrolar de forma moito simpática para todos, pero, como comprenderedes, paso. Ao carallo California Sky (Unwritten Law)Imagine, the dreams we had since we were children are real ... Tránsito anualun día que estiven morto. chove tantísimo. chove incluso demasiado para a auga. e un día como puido ser hoxe vina. os minutos que pasan agora son os mesmos cos que me fusilou e rematou e finou. e o día que estiven morto foi un ano. vivo sabendo que o mellor xa foi e agora queda lamentar. inesquecible. porque como estou agora de morto alí estaba de vivo. Escravo (Caracusto)Escravo de cravos cravados en clandestinos soños, coa mirada perdida nun horizonte inexistente pasan as follas da vida sen mais gloria que a supervivencia miles de preguntas bailan o son dunha música que tamén descoñecen, coa eterna sede da curiosidade e solteiras para sempre... pero eu non teño medo... atópome na terra prometida a persoas que non coñezo, estou perdido nun mundo que non me pertenze, son escravo das miñas dudas que caen na miña mente como follas dun árbol no otoño da existencia unha lágrima tirase do balcon dos meus ollos... atópome atado por miles de cadeas á miña terra, a cárcere da miña vida tirou a chave ó fondo dun lago que se secou no caluroso verán do tempo non me atrevo a ir recoller as chaves que durmen sobre seu fondo... aora teño medo... son un sauce que chora por non poder romper as suas raíces, que se move ó son do vento soñando con sair voando... quixera ser mais soñador... e loitar polos meus soños a bordo dun barco pirata que polas nubes navega quixera ser mais soñador... e bucear no rastro das miñas lágrimas sen afogarme pola tristeza quixera ser mais soñador... e armado coa espada da miña alma cabalgar polos pastos verdes que rodean a miña imaxinación quixera romper a cárcere do medo e ser libre para sempre, pero non podo... a terrible sombra da incertidumbre, precipicio abismal, deixame a oscuras na noite do tempo... as parcas discuten acaloradamente marionetas dun deus que nunca as bendeciu, as súas miradas tras máscaras enrugadas desvelan o descubrimento da sua inutilidade, e lei de vida, dictada polo reino máis absolutista dos que endexamais existiron, o reino que se cre dono verdade e nunca nos pediu opinión... quixera ter forzas para pagar a miña liberdade co precio da imcomprensión quixera ser Eu, dono e señor de min mesmo e que a miña locura desbordase o río da miña vida Know (System of a Down)...Don't ever try to fly, don't ever try to fly, Don't ever try to fly, unless you leave your body on the other side, Never try to die, you ever try to die... 09/10/2004Greener Grass (Millencolin)... So maybe one day I'll be happy?! But until then I have to realize That the grass is not always greener It's only up to me to recognize That the grass is not always greener It's in your head it might look greener Coz the grass will never be greener On the other side A cor do soñopetxo os ollos e o teu cabelo debuxa no ceo un sinfin de espirais, espirais vermellas. caendo por unha costa extinta. a txorima vístese coa sangue da soedade de ken non eskece. continúo caendo por unha costa inexistente. afúndese no ceo o pranto do festival de dor máis cruento ke os teus beizos iluminaron. ó final da costa inexistente un vacío, vacío vermello. Piano manNon vos pasa o mesmo? O inverno engúlese a tolemia, no senso de ke maniata con rutina e monotonía a capacidade de que non saiba ke será o próximo en pasar. Remata co inesperado. Por eso odio o outono, por ver ke a noite lle pode ó día. E ke podo faser? Botarme a correr á choiva? E esto non é unha palla mental, é un puto coito coa miña vida. 10/10/200423-9-2004. Charlando con Eristoffcansado. estando aquí, esculpindo recordos dunha estupidez tan nítida como inabarcable, como inasequible; estando aquí, a miña silueta conforma o meirande sacrilexio sobre o benestar dunha alma enfeitizada. feitizo perenne efímero. feitizo tenue pendurado dunha tolemia na que veu a dar a miña vida como a rocha lanzada polo borracho tres mil catrocentos na noite máis áceda. oracións por sangue. sangue porque non me miras. e non son ese que che chora na esquina grisácea do teu lar o día do vendaval. son un segredo de deus. non son nen unha cuarta parte do que son. non me creo nin eu. nin eu me creo finando un día máis, e finando eu neste día créome deus. un deus nihilista, perdido na nada, na noite, en ti e na tontería. odio cada un deses risos. odio. ódiome. 11/10/2004Persepsións veniaisHoxe pola mañá fun á Coruña. e bueno, o típico: atascos a dolor, coches en doble fila e todas estas cousas. o ke se suele chamar "unha casa de putas". e todo por ke? a pekena persepsión ademáis de maso tonta é a de ke en cada puto coche vai unha persoa, ou a lo sumo, 2. a persoa por coche, caballeros e caballeras del sodiaco, imos jodidos. pero esto é o ke nos toca vivir. nunha sosiedá na ke se priman as distansias, a lonxanía. a ke me refiro? podo falar contijo dende o lujar máis recóndito do puto planeta jrasias ao meu móvil, contijo, ke estás no teu cuarto, la mar de ben abrijado, para falarche da tontada máis jorda. podemos falar do projrama ke vimos onte en directo jrasias ás nosas teles con parabólicas, e podemos comentalo no messenger. podemos entrar nun chat e coñeser a kalkera, namorarnos del ou dela e nin se kera saber a ke carallo cheira, ou arresende (no mellor dos casos). podemos dar tokes a akela borracha ke nos pasou o número akela noite. pero, pola contra, non somos ken de petar na porta de enfrente, de falar co vesiño e prejuntar se ten un puto sitio no coche cando vaia a traballar pola mañá ou de ofreserlle o noso... sei ke esto é unha tontería como un mundo, e ke o planteo bastante mal, pero espero ke poidades ler máis alá do ke hai akí escrito. conclusión: todo é un merdolo. 13/10/2004FríoNa miña facultade hai pingüinos. fai un frío inhumano, cousa mala. Pero non hai pingüinos asasinos. "Mágoa!" como diría un na jalleja (léase "na teubegá"). Onte non colguei nada, e inda non sei se o fixen a sabendas. a sabendas. Hoxe vou colgar algún textiño ke teña por aí, alejado de la mano de dios. por serto, o meu profe de Introducción a la historia del Español falando sobre un punto do temario ke era "el superestrato árabe" empesouse a enrollar de mala maneira, nun momento do discursoide parase, e concluye deste xeito: "hay inventos muy importantes en la historia de la humanidad, entre ellos las gafas" (textual) e o tipiño sejiu. filología hispánica na sapateira, amijos, territorio inhóspito. Todo es mentiraoutra máis. i don´t want you, but you know to much about me. públiko? non. eu son dous. non tres. dous é un. do silencio eskecido brotou o vendaval da túa alma. non che kero ter. non kero ke me teñas. tesme. a area soterrou a ilusión. enguliuna. rubo por unha escada cara o fondo do mar no ke atoparei os verdadeiros sentimentos dun ollar mudo ke krebou todo o meu cavilar. cada pinga do orballo do teu amencer é unha bágoa pola irrealidade na ke craváche-lo meu ser. paranoia de náufrago insomne. tempo morre, mata, nace, kece, mata, mata. o tempo mata. mátame. morrendo. estou morrendo. estou morrendo, finando, pechando, rendíndome! miña beleza, miña torcida. non me vexas alí. non me ofreza-las costas. 14/10/2004Non o sabee se deus estivo aquí onte quizais debese agardar un pouco máis. e só o digo porque, mentres o demo collía pulos, alento e emoción á miña beira; agotxeime no tempo entre ti máis eu para non voltar con este ollar baldeiro da túa imaxe. Fragmento Mensaxe 3 (Caracusto)un neno expira... e choro... deus aforcouse en silencio na noite cos ollos dudosos 16/10/2004Los Olvidados (Los Muertos de Cristo)Somos aquellos sin hogar que tu recuerdas en Navidad. Somos miradas sin ilusión en Ruanda o Afganistán. Somos los hijos del dolor condenados a luchar. 18/10/2004¡blue moon, oh bleweew mooooon como te adoro! (C. Bukowski)ti impórtasme, cariño, eu ámote, a única razón pola que fodín con L. é porque ti fodiches con Z. e entón eu fodín con R. e ti fodiches con N. e porque ti fodiches con N. eu tiven que foder con Y. Pero eu penso en ti constantemente, síntote aquí dentro da miña barriga coma a un neno, eu chámolle amor a iso, non importa o que pase eu chámolle amor e entón ti fodiches con C. e despois, antes de que me puidese mover fodiches con W. entón eu tiven que foder con D. Pero quero que saibas que eu te quero, que penso en ti constantemente, creo que nunca amei a ninguén como te amo a ti. bah bah bah bah bah bah bah bah bah bah. 20/10/2004Verán 2004o verán de pe a pa. o verán é un gato roéndome os calsetíns, é un congreso de laterais na catedral, un cacharro afogando á policía (que está na area), cacharros en barra. é unha tenda de campaña baleira, é unha mañá fría sen leite quentiño proposto. el verano es el hombre del mazo y el chaval del mocho. é estar tumbado lendo parvadas da cosmopolitan, esconde-los pés baixo a area e competir. o verán é atopar unha carteira e con ela ós amigos, arrancar un motor e con el unha man aberta. o verán é un arxentina-perú ebrio en piso alleo. archibal. é como conseguir a scaloni sedido nas camas gemelas, é sinxelo. é ver como nos venden a ana kiro como a novedá, ver como se nos explica por qué a xente vai aos sines normais a esconderse das javiotas. o verán é un feixe de pingüinos asasinos xojando co seboleiro con trapos de limpa-lo polvo por camisetas. el verano es una pocha... jugamos una pocha? o verán é mirta xojando ao futbolín, pena con dúas moedas de 10 séntimos. o verán é imitar a unha (que son dúas) e que che saia o sobriño. o verán é baixar en pantalóns e voltar en camiseta. un pogo no servisio, indignarse no teatro, un grupo no xeixo que se repite como a sebola. mazinho. ir a unha illa e disir "esto é unha mierda". é mancha-las mesas en honor a mabi. raúl de tal cunha bandeja. o verán é unha noite, un biturbo e a nai de inés de farra. e redescubrir unha e outra ves ke a lente do dvd de gloria é moi sensible e os discos en carvideo lávanos cun nanas. é pisar unha lente é faserse o héroe da noite. mexar nas silvas, ben dentro e ben acompañado. é unha barra quilombera de puta madre. é como que nos vexa aljén no consum pillando priba, é sinxelo. 1984. é algo así como quedarse sopas e saír ás 3:30. ir a serres a romper cristais baixo a chuvia, ou intentalo... mamarse e invocar a satán. ir catro mar adentro e tardar a dios en recuperar terra firme. o verán non é máis que o cuco meditando nunha mesa. unha praia, unhas alemanas, un coche. un sirvenjuensa. o verán é raúl, ¿ou é alex? o verán é paula combinando colores na praia. pena desbocado na porta do k'rumas. félix correndo por balóns. luchi coa boca chea de margaritas. inés cun texto da ONU. gloria que non lle colle á vella. roke e a containa. diego, sangue e falar con deus na cama. o verán é agus na súa cosiña. e sobre todo. por riba de todo. unhas risas. 23/10/2004A propósito desta mala babaA tele apetrena. Dios... Apetrena de carallo. Hoxe por hoxe rajaríalle a cara a cada vendedora de notisias malchamadas periodistas. Vomitaría nos dentes de todos eses putos publicistas, deses comerciantes ke nos incrustan entre seja e seja tontadas ke non nesesitamos pa enrikéselos e ke lles poidan mercar ás súas rubias teñidas peperas kousas de merda ke kren precisar. Buskarei durante este frío inverno o coitelo máis oxidado do fondo do mar para abrirlle o bandullo ó gran bankeiro e alimentar coas súas tripas ó porco dos probes. Estaremos todos na eskina do edifico do gran político para abrilo en dous a golpe deses putos tratados, constitución, pactos ke só nos alonxan dos noso irmáns. No maior estadio, en Maracaná, na Bombonera, en Riazor, no recinto máis lindo que poidamos atopar, o pobo reunido verá arder bispos, grandes comisarios, alcaides, ao presidentes de cada gran empresa ke martiriza familias aos poucos. Por ke cando as cousas van mal hai despidos e cando van ben non se reparten os beneficios? Juan Carlos a pico e pala. 24/10/2004Abraza a escuridade (C. Bukowski)a confusión é o deus a loucura é o deus a paz permanentemente viva é a morte permanentemente viva a agonía pode matar ou a agonía pode soster a vida pero a paz é sempre arrepiante a paz é a peor cousa andar falar rir, parecer ser. non esquezas as beirarrúas as putas a traición o verme da mazá os bares, as cadeas, os suicidios dos amantes. aquí en América asasinamos un presidente e o seu irmán, outro presidente deixou o oficio. a xente que cre na política é coma a xente que cre en deus: están chupando aire por palliñas dobradas. non hai deus non hai política non hai paz non hai amor non hai control non hai plan mantente lonxe de deus segue disturbando esvara. 25/10/2004Comunicado sen urjensiaTodos akeles interesados en colaborar con este merdolo, non tendes máis ke mandar as vosas movidas ao meu mail. Ke os ke eso xa o sabedes; o mail, dijo. E mandade o ke vos dea jana, ke eu póñoo sen sensura nin control aljún, porke todo o ke mandedes fijo ke sube o nivel existente, lo tengo por cierto. Xa sabedes, os vosos esbardalles, mariconadiñas, mensajes ke keirades faser públicos (en plan "si, tios, eu era o ke se comía a merda ke ekdaba na escobilla do water") ou o ke vos pete. Eu habilitovos unha secsión e punto. Por eso nunca hai fallo. Bueno, como sei ke sodes uns rajad@s pois nada, pero ke konste ke o dixen. 27/10/2004Si. Pero en que plan?agora mesmo, digo. de camiño a casa, no coche con maría, vin calado. non tiña ningunha necesidade de falar. estaba farto de falar. vin pensando. dixo "ke? estás todo empanado hoy". pensei "bah!" e dixen "si, estou pensando nunhas movidas". e ajora penso "bah!". agora mesmo estou cansado da miña vida, amigos do inaudito. supoño que vos suda a pirola/cona. e ke é komo o debedes tomar. mirando pola ventana do peugeaut ese, vinme alí. era tan estúpido todo. e penso "boh!". ao carallo. sabedes canto chove? e estou tan seco... "bah!" 28/10/2004Fight Song (Marilyn Manson)...But I'm not a slave to a god that doesn't exist But I'm not a slave to a world that doesn't give a shit the death of one is a tragedy the death of one is a tragedy the death of one is a tragedy but death of a million is just a statistic Testify (R.A.T.M.)Who controls the past now controls the future Who controls the present now controls the past Who controls the past now controls the future Who controls the present now? 29/10/2004Extracto Capítulo 20 de "Bajo hielos eternos" (Marco Valerio Lama del Corral)... Nuestra vida es una autopista hacia el fin. No la hemos elegido. Sencillamente, es así. No queremos demostrar nada, ni ser los heraldos de ningún tipo de filosofía. Somos nosotros, y nada es más importante. No nos importa lo que piensen los demás. No es nuestro problema. No tenemos ningún tipo de conocimiento privilegiado, ni pretendemos tenerlo. Vemos las cosas a nuestra manera, y así es como debe ser. Nadie pretende tener razón. No hemos venido a iluminar el fin del siglo. Hemos venido a morir. 30/10/2004Tardaba5000 pasos cara atrás. améndoa moidiña. mestura co meu cabelo. 5000 noites de menos, que lle resto a toda esta tontería. é de risa. oxalá te sintas soamente un pouco mal, no día mundial da esquizofrenia. teño aínda cousas que asimilar, voume manter un tempo á marxe de todo. confundo ortografía. imaxino a tódalas miñas desgastadas neuronas bailando arredor da fogueira na que se veu a converter o meu corazón. é como intentar beber o mar. de risa. simpático é saber que un non cambia. mentres o mundo fagocita segundo tras segundo toda esta escuridade. non sei se estou esperto ou teño os ollos baixo a túa sombra feiticeira. estas noites son particulares. 5000 anxos calamarianos aplaudindo ó meu paso. falta tanto para o presente que o pasado antóllase inerte. e esa é a maior certeza coa que vivo. había ben tempo que non escoitaba está canción. a última, á porta do Xeixo. toleando coas luceciñas que se ven ao fondo, onde montelouro nos mira sentindo lástima xa de tanta historia. un borracho choca comigo. e a guitarra distorsionada apártao. alí veñen esas. e o cantante pásame a man polo ombreiro. as mesmas estrelas. 5000 estreliñas. a miña é a historia da soidade. pero só quero vivir dúas veces. con iso bastaría. |
Archivos
TemasEnlaces
|