quixera poder colocar unha verba tras outra
e debuxala para vós...
para deste xeito levarvos ata esa
cadeira na que me sento,
a miro
e a amo.
cambiaría a miña vida
por poder sinxelamente
metervos dentro dos meus cavilares
un segundo mal medido,
e que vivisedes
todo isto.
o demo chantándome un coitelo na gorxa
e o seu nome múltiplicase no aire
como bolboretas verdes
na procura da cruz na que se pousaren.