![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
NostalxiaEstou xusto nese punto no que teño que asumir que ás catro non vou ir en cas Pena a achicar ao Pro, que o parchís volve a ser un xogo estúpido e que non podo voltar ver "los aurones" en canal tambre. Porque iso foi unha das grandes cousas que trouxeron estas vacacións. En canal tambre, ese canal subversivo (inda que pouco a pouco comézase a vender máis e máis), están botando de luns a venres ás 13:30 "los aurones". Para o que non o lembredes, trátase dunha serie ke botaban cando eu era canijo (supoño ke a finais dos 80). Os personaxes son uns monicrekes que viven nun pekeno poboado no medio do boske. Os protagonistas son Tejo e os seus amigos (entre eles o puto crack de Poti-Poti, un monstro verde que sempre ke fala mete de por medio as palabras "poti-poti"). Tejo ten a habilidade de convertir aos seus inimigos en froitas lanzándolles un estraño raio. Ao ollo normal non pasa de ser unha serie bastante cutrilleira, pero para os nostálxicos dese pasado entrañábel é un feito dino de ser vivido. Incluso para o que nunca o visedes e vos resulte novidosa esta serie podedes disfrutar vendo a coherencia de certos personaxes (estou a falar, por suposto, de Gayufa, un esbirro dos malos que é un crack) ou a inocencia coa que se realizou a serie. Unha vez que cheguei a Oleiros falei coa miña nai de que acababa de ver a serie días atrás en muros. Ela lembroume que eu tiña uns macacos de goma de Poti-poti e máis do malo que tén unha capa de leopardo (feito que xa lembraba eu), e algo que xa se me fixo retroceder anos e anos foi ke, ao parecer, de pekeno (miña nai apunta aos 3 anos) eu cantaba a sintonía de entrada, e que no momento que esta di "za! zas! zas! Lanzarrayos!!" eu reproducía "Pas! Pas! Pas! Pasparrayos!". Incríbel testemuña. Mima! enrolleime moitísimo falando só dos auróns... así que máis tarde farei algunha achega sobre o que resultaron ser estas vacacións! Permanezan atentos! 07/01/2005 13:46 Enlace permanente. Tema: Tontadas. Comentarios » Ir a formulario |
Archivos
TemasEnlaces
|