Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




O alacrán soviético

un alacrán chantóuseme
no ollo esquerdo.

BERROS

e zapateeino ao chan.

MÁIS VOCES

comezou o sangue
a chimpar
pola herba,
escorrendo
por entre os meus dedos.

buscaba alento.
pensaba en cando o ollo non se me desfacía na man.
en cando choraba porque a banda
diseñaba barullo
nas festas.

pesquei unha lembranza
de cando,
sendo pequeno,
vin unha neniña,
morena, cunha saia de seda como
verde
que me mirou con odio.

ata aquela pensaba que me odiaba por
berrar.

pero agora,
berrando
e coas mans pintadas co meu sangue,
sabía o porqué.

SILENCIO

e máis verde.

quérote.
08/01/2005 10:18 Enlace permanente. Tema: Pallas mentais.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.