![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
No, no, si, siNeste textículo que comeso agora pretendo resumir un pouco o que foi este periodo vacasional. Asvertensia a inexpertos: pode resultar un coñaso indoeuropeo pleno. Vou faser uso dunha estructurasión cronolóxica, por puro visio. 21-12-04: (Inda que a semana anterior saira o xoves en santiago, ata esta data tiña indo comentando malamente todo na bitácora, e, a verdade, considero que aquí realmente comezaron as vacacións). chego a santiago cunhas ganiñas de faser o parvo que non eran entendíbeis, pero o día resultar ser unha pataca grelada. O único mencionábel sería a coña das chavalas que viñan facer unha enquisa para os de "R" e todo o que iso conlevou na vida interna do piso. E tamén fomos ver "el maquinista", que persoalmente me pareceu unha aspiración a peli de facer pensar, pero nada. 22-12-04: Pachanga estraña en conxo, vemos a tosar nunha cafeta e saimos sen moito ánimo (eu rebentado trala pachanga). Pero foi unha desas noites das míticas: sobrio e rompendome a cabesiña con tolemias sentimentais, como viña sendo costume ultimamente a calquera hora do día. 23-12-04: Chegada a muros. 24-12-04: Bombardeo masivo de nécoras, pulinme da orde de 20 nécoras, gambas (o alimento de moda nas seas do nadal), e torta de san marcos (que non é unha torta, é un visio!). 25-12-04: Curioso peido pola noite. Máis tolemia sentimental, nas súas diferentes variedades. 26-12-04: Memorábel resaca. 27-12-04: "Misery" no sentro cultural. Púxenlle un 3. Tensión e tal. 28-12-04: "Local hero" no sentro cultural. Púxenlle un 4, porque me gustou máis que a do día anterior. Supoño que pola miña estúpida devoción polas pelis nas que os personaxes secundarios están ben trazados. 31-12-04: O mellor día do ano. A loita de un home contra un Alcatel. Pola noite non moi ben. Pero cun riso tonto mazo evidente. 1-1-05: Aninovo sen resaca? Isto promete! 6-1-05: Despídome de muros. Un Arriva para min so. 7-1-05: Bufff... Que podo dicir? Inda non o asimilei que estivese alí. 8-1-05: Sigo co medo no corpo. Enf in, amigüitos e amigüitas, este foi o peor resume da historia, son consciente. Agardo as vosas achegas, coemtnarios e así. porque... a vós como vos foron as vacacións? Responda agora e entrara no sorteo de un par de cacharriños la mar de cucos! (vai en serio) 08/01/2005 17:45 Enlace permanente. Tema: Tontadas. Comentarios » Ir a formulario
siempre has tenido la manía de explicar las cosas por días...porqué? podía ser por historias...solo lo hago por los cacharriños la mar de cucos...se nota mucho, no?
pos eso, 7 abrasos. Fecha: 12/01/2005 19:42. |
Archivos
TemasEnlaces
|