![]() Arrepentirme podería ser algún tipo de arte |
||
|
busca... |
A universidadeA universidade é un sitio onde perdes o tempo en clases nas que tipiños ou tipiñas largan sobre cousas que finalmente non preguntan nos exames. A universidade pública, na que hai que pagar unha lotada de pelas pola matrícula, é un malgasto de cartos incríbel: que se fotocopias, que se libros, que se manutención para todas as horas que pasas alí, que se transporte (porque polo menos a miña facultade está lonxe de calquera sitio)... A universidade é un mamoneo estúpido. A miña carreira é unha braga. A metade das asinaturas comparten grande parte do temario, como mostra as putas clases de Blanca... Porque xa vai medio curso inda non demos nada de Morfoloxía. A miña facultade mola unha lotada. Dígoo pola de personaxes que podemos atopar nunha xornada: o tonto dos tenis, a mosa do tonto, Manu Carrasco, Ochechón, Fiti-Nicolas Cage, os profes de barbas, a ex-decana, o Tortuga (Tartaruga)... Na miña facultade non hai futebolín. A universidade é un merdolo. Non hai equipo de futbol en plan "American Pie" e sucedáneos. Non hai xefa das animadoras. Non hai animadoras!!! Non hai tías chungas que o día do baile de fin de curso de súpeto estean petadísimas e cachondas que nin diola, en grande parte porque non hai baile nin nada. Tampouco temos Irmandades (as míticas Kappa, como o chándal do Barsa aquel, e Delta-Delta), nin sequera Irmandades da Fala, nin do Falo. En vez están os do CAF e os do AGIR poñendo carteis sen ton nin son, por puro vicio. Non temos mascota. E molaría un mazo. Eu que sei. Unha litrona? Si. Unha litrona con braciños e olliños, rabando no Humor, o espírito universitario!!! A universidade é unha merda, pero peor é traballar. 08/02/2005 20:54 Enlace permanente. Tema: Esbardalle. Comentarios » Ir a formulario
La universidad es libertad, juerga y profesores que no tienen ni puta idea de dar clase.
Pero esto no es el tema q me trajo. El tema: me has de pasar fotos de los de muros q tengas para colgar en la pagina. Fecha: 09/02/2005 20:12. |
Archivos
TemasEnlaces
|