O outro día, sentados no salón meu pai máis eu, fixenlle unha serie de preguntas, moi concisas, sen saber moi por qué as estaba a facer, sobre distintos asuntos.
Nun momento soltei:
-Gustaríache unha Galiza independente?
Meu pai respostou, reclinado no sofá:
-Non creo que sexa positivo economicamente para o país desligarse de España.
Entón cruzóuseme un cable e dixen:
-Estar con España por progreso económico? Curioso. Entón, se conlevase un progreso económico... aceptarías que a Galiza pasase a formar parte do Reino Unido???
Non sei. Supoño que ás veces os romanticismos que nos fan ver problemas noutros sitios como son Palestina, Euskalherria, Cuba... fannos pensar que o noso non é "cool". Non sei.
Non sei de políticas. Non sei de nada realmente.
Pero sei o qué quero. Dignidade.
Utopías.
Unha Galiza en galego.
Pero para iso non tendes valor.
Non sei. Non mo teñades en conta.
Autor: ojuapo
Pois por moito que che pese, e por desjrasia hoxe ne día é asi,o carto é o que move todo,mentras non sexa viable(temos moito que importar e bastante menos que exportar)
Fecha: 02/03/2005 20:43.