Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Sarri Sarri (Kortatu)

sarrionandia.gif

Non sei qué acontece ultimamente.
A xente baila alegre.
Algo terá que ver que falten dous presos
no reconto xeral.

¡Sarri, Sarri, Sarri... liberdade!
¡Cedo, cedo, cedo... liberdade!

As radios estaban alí
emitían en directo
pensaban comer paella
e non sabían que Piti e Sarri
estaban no prebe.

¡Sarri, Sarri, Sarri... liberdade!
¡Cedo, cedo, cedo...!

Será difícil crear
música máis fermosa.
Creouna o pobo,
celébrao con champaña.
O encerro de Iruña
é aquí desencerro.
O pano vermello
cubre o ceo.

¡Sarri, Sarri, Sarri... liberdad!
¡Pronto, pronto, pronto... viva ti!

¡Cedo, cedo, cedo... aí van dous!
¡Sarri, Sarri, Sarri... na rúa!
¡Sarri, Sarri, Sarri... que movida
xorde dende os altofalantes!

(Traducida chambonicamente por un servidor do castelán por petición popular. Os cachos que se repiten nos os poño.)

(A historia, para o que lle interese é a que sigue: O 7 de xullo do 85, dous presos de ETA, Joseba Sarrionandia[na foto] e Iñaki Pikabea, fuxiron do cárcere donostiarra de Martutense. Ocultáronse no interior duns altofalantes tras un recital que rematara de ofrecer o cantante Imanol Larzabal no interior da prisión. Esta fuxida foi especialmente celebrada por gran aprte do pobo, en certa medida pola fama dun dos fugados, Sarrionandia, escritor vasco de renome. Os tipiños de Kortatu, que semanas antes realizara un concerto no mesmo cárcere na que coñeceran aos protagonistas da fuxida, compuxeron o tema "sarri, sarri" en base ao acontecemento.)

(Contentos? Pois alá.)

29/03/2005 00:15 Enlace permanente. Tema: Sitas.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: ex-tullido

muito contente, sim!

Fecha: 02/04/2005 16:00.



Autor: alba

o primeiro día que entrei na page atopeime esto.
cantidad de explicación.

Fecha: 07/08/2007 03:46.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.