Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Pregaria intoxicada camiño da merda

Son a patilla tinguida de Cissé.

Son o quinto xaponés perdido que animaba a Oliver Aton.

Son a duodécima chatola da chupa sobre a que caeu aquel alcólico ao remate de Holiday in Cambodia.

Son a chave da luz que acendeu o asasino de Lennon ao se espertar nunha mañá de xullo.

Son o sobriño do capitán do Prestige vendo á miña tía chorar mentres apreta o seu moedeiro.

Son o xudeu que veu pasar a Cristo pola fiestra mentres limpaba o peixe.

Son o deseñador industrial que se ergueu un xoves para debuxar a cadeira sobre a que caería o semen de aquel californiano noutra película máis da túa vida.

Son o terceiro A do día das letras galegas.

Son o amigo gordo na infanza de Tyler Durdent.

Son o último que insultou a Hitler á cara.

Son un punteo de Metallica nos oídos de Fernando o Católico.

Son o fontaneiro venezolano que ao tropezar con Celso Emilio non o mirou aos ollos.

Son todo o que non lembras dunha fotografía.

Son o frío das túas mans mentres a muller á que amas dende quinto comparte raias cun moreno máis.

Son o collón do Minotauro cando berra.

Son a cara que tes cando agardas en soidade.
20/05/2005 23:02 Enlace permanente. Tema: Pallas mentais.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: Sabela

O último que insultou a Hitler na cara, nom? xD
Nom sei se me fai mais graça esse ou o do terceiro A... ;)

Fecha: 23/05/2005 20:23.



Autor: kddlsk7

tortilla pa el niñi o pa la niña...jfsnfkjelfdkeodkoew

Fecha: 24/05/2005 02:16.



Autor: loko

do mellor que escribistes, en 2 palabras

Fecha: 24/05/2005 17:50.



Autor: Anónimo

Poderiamos engadir:

Son a vixesimo oitaba enruga que lle saíu a Fraga nos collóns cando inda tiña pelo nos juebos!!

Son o Lucifer que habita no corpo de Dieguito cando este durme en Muros tras moitos cubatas!!

Son do Comando Pezoca!!

Fecha: 24/05/2005 22:54.



Autor: pekeniña

haras un analisis personal de esto pa nodar, espero :)

Fecha: 24/05/2005 23:53.



Autor: xuko

Boísimo Samu, acábome de kedar atónito...

Fecha: 25/05/2005 14:02.



Autor: aRnOld

Eu Non teño palabras para o ke estou lendo..... eh...!!!!1unha puta LOUKURAAAAA!!!!! estas colghado ou ke... sumbao

Fecha: 24/11/2005 01:43.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.