-Como parodia ao estilo bíblico só dicirche tres cousas: onde semella rematar todo só se pode albiscar o que fuches...
-Onde semella rematar todo só podes enfeitizar paraxes e esceas da túa puta vida baixo ondas de miles de cegos e tenros cavilares, o que demostra que así coma...
-Xa o sabías?
-Creo que sempre o souben, pero agora que a mirei e escoitei o son da súa cara ao esvarar na miña doume conta de que por moito que loite...
-Non o digas!
-Por que? Pensas que ha de vir o mal tempo a saudarme á porta da miña casa?
-Non remates iso porque inda quedan cousas das que é mellor non falar.
-Pero todos o saben...
-Si, pero aínda non é momento... e pode que nunca chegue.
-Certezas.
(Mentres entra NÁUFRAGO.)
-Aí está.
-Que tal na túa viaxe? Pensabamos que ao mellor decidiras non voltar.
(NÁUFRAGO séntase no chan e fala mirando a unha baldosa calqueira.)
-Equivoqueime de cruce, non fun quen de durmir... e caín en mans da paranoia.