Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Que Júpiter inteiro se desfaça em merda

o pasado para min xa só é.

as paranoias son cousa de pobres.
chorar é de pobres.
a miña canción é de pobres.
o atardecer é para os pobres.
os pelos no bandullo son cousa de pobres.

a televisión
é un cartaz publicitario
no teu salón.

o diñeiro é cousa de pobres.
a moda é pan de pobres.
o sexo está aí para os pobres.
os counting crows son de pobres.
as ideas son de pobres.

a teatralidade que amoso
é porque mo pide.

un caramelo é de pobres.
os xuizos son de pobres.
os moratóns nas pernas son para os pobres.
o capitalismo é dos pobres.
as relacións sentimentais e esa merda son para os pobres.
a vida é de pobres e feita por pobres.

a distancia
da tristura
ao meu peito
mídela ti cada dia
cos teus dedos.

os pensamentos enriba da cama son de pobres.
unha palmada nas costas é para pobres.
mirar a choiva pola fiestra é cousa de pobres.
considerar as situacións só é de pobres.
as pallas están en mans dos pobres.
as tapas dos iogures fixéronse para os pobres.

as interxeccións
baten na porta.
durmir é a ferida.
vento como sinatura.
durmir.

as miradas son de pobres.
os momentos nos que só hai sombra son dos pobres.
o algazo está nos pobres.
o tempo é para pobres.

todo o que sintes xa o sentiron
antes.

e sentir non é a idea.
as ideas son de pobres.

sentir non é camiño para a vida.
a vida é de pobres e feita por pobres.

pénsao ben. isto é o que agardas.
os pensamentos enriba da cama son de pobres.

cando todo o mundo me ame,
nada cambiará.
cando te rías ás miñas costas,
nada mudará.
cando me creas,
nada mudará.
cando deus baixe e me explique de qué vai todo isto,
nada cambiará.
cando pase,
perderei todo.
09/06/2005 22:19

Comentarios » Ir a formulario


Autor: pablo,compi del cole

marvelous! the poet knows!muy buen poema samu

Fecha: 10/06/2005 03:14.



Autor: Rokinho

Pobres ricos...

Fecha: 20/06/2005 16:25.



Autor: Rokinho

Por serto, moi boa samu

Fecha: 20/06/2005 16:27.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]