
Dr. Zaius, Dr. Zaius... oooh! Dr. Zaius!
Pois hoxe évos o San Xoán e por first time vou sairlle na Coruña, até o momento sempre me cadraba algo tipo exame ou así.
E vai haber un desembarco do copón no piso das rapasas (Saúdos dende aquí a Miriam que se está a destapar coma unha fiel lectora da merdallada esta... aúpa Miriam!).
Non sei cómo vai ir todo, porque non son ningún tipo de deus todopoderoso nin nada, pero agardo que ben. Se pasan das 2 da noite e sigo en pé será xa meritorio.
E mañá baixo para Muros. Inda que a situación podería ser moito mellor, sempre é algo que enche o peito, non en plan silicónico, se non en senso figurado.
Dende aquí chámovos á reflexión nunha data coma a de hoxe. Pensade, amigos e amigas dos folios ruchados nas esquinas, que hoxe é tan día de xuño coma antonte.
Ala! A mamala e a mamarse.
Dr. Zaius, dr. Zaius... oooh! Dr. Zaius!