engulín a miña estirpe
e vomiteina unha vez máis.
psicótica evasión como paranoica e
plúmbea pomba en retroceso
repugnante.
engulín a miña raza
por inútil.
vomiteina unha vez máis.
cólera e resentimento do santísimo.
quero empregar o sangue que agroma
da gorxa do rei morto ante
min
como prebe
onde mollar o pan
e o noso orgullo.