Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Agardando que ti non fagas o mesmo

É normal non
enfeitizarse en
grave tristura.

Pero no lombo
do demo gris
isto non é normal.

Esta tristura non
é normal para
o demo gris.

Gris.
O demo gris.
O demo.
Gris.

A raiadura é curiosa.
Comeza no mesmo sitio.
Sempre.
Calqueira día
comeza aí.
Onde a lei é igual
para todos.
E, máis cedo do que se
pensa, a raidura
esquécese de lóxicas
e só vertebra sentimentos
e os sentimentos saen
a cobadazos e fan
dano porque é
o propio dos sentimentos
do demo gris que
fai destas vidas un
continuo erro
no que o arrepentimento
é o himno oficial
desta república na que
o meu corazón amosa
orgulloso
o seu ak-47
nas súas manciñas
de corazón
do Vietcong.
E así baila o meu
corazón guerrilleiro
mentres a tolemia
rega de napalm
todas as miradas
coas que a
resaca me amosou
a Satán como
aliado estratéxico.
E a raiadura
volta ao comezo
onde a lei é igual
para case todos.

03/11/2005 09:36

Comentarios » Ir a formulario


Autor: Xuko

A raiadura é a caña, xa temos ken faja as letras para kenodí

Fecha: 03/11/2005 10:02.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]