Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




As quatro estações do ano: verão, outono e primavera

E se saúda o inverno coas súas mans de fillo da raiba,
bailaremos na liña do horizonte.

Se o inverno especula coa túa felicidade,
arrancaremos cada un dos seus latexos soñando
sempre.

Se o inverno sementa distancia,
recolleremos mil apertas
e non existirá ningún tipo de dor.

Se o inverno saúda,
seguirei incrédulo roubándoche miradas.

Se o inverno saúda,
ti e máis eu.

Se o inverno saúda,
soñarei que consigo encher de cores a túa vida.

E se o inverno non saúda,
fuxiremos,
inocentes,
ao outono
onde estou ao teu lado,
sempre,
sorrindo.

12/12/2005 10:08

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]