Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2005.

01/06/2005

o valor da amizade; homenaje a loko (Rivetto)

maricas.jpgpara aqueles que non se acordasen , entre eles eu; onte foi o cumpleanos de agustín e este é o meu regalo:

se tivera que destacar a alguén como amigo no ke confiar sería agus, el sabe mais de min que eu mesmo,pódese decir que é o meu confesor.si é certo , non é a persoa perfecta pero quen o é???.
hoxe en día todo o mundo vive polas dobres intencions, por intereses... onde estan esas persoas puras cun corazón pulcro, ou non existen ou están en perigo de extincion . con esto non quero decir que eu sexa un santo, para nada...!¿?

as boas intencions desapareceron , a regla é pisotear ou ser pisoteado; a regla é sobrevivir e para eso hay que engañar, boicotear, morder , escupir, arañar...
que ocorre señores?voltamos á edade dos dinosauros onde habia que pelexar para conseguilo todo?
non avanzamos suficiente???parece ser que cada mais avance do mundo acercanos ó primitivo....
agustín é unha desas persoas cun bo corazón, con quen podes falar de calquera cousa sen aburrirte;con ideas claras e ben argumentadas. é un bo tio, un romántico en especie de extinción...
actualmente quen é romántico???nadie, solo se quere unha cousa:xxx . o demais non vale , un bico non vale , nin abrazos nin nada ; dende akí anímovos a que non vexades sexo cando mirades pa unha tía mirade máis alá, non as tratemos como un obxeto sexual se non como persoas.
agus gracias pola tua amizade e "grazas"pola tua compaña; eres un dos meus mellores amigos e espero que non cambie nunca, gracias por ser ti.
samo ponlle unha foto de agus de xeito, vale???
01/06/2005 17:57 Enlace permanente. Tema: Os meus tolos Hay 10 comentarios.

06/06/2005

Graciñas

En serio, moitas graciñas a todos o que nestes días me amosachedes o voso apoio e ánimo. En momentos así, saber que estades aí, vale moito.

Quérovos. De corasón.
06/06/2005 17:37 Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

07/06/2005

Acelerações e vibração em vôo

-Como parodia ao estilo bíblico só dicirche tres cousas: onde semella rematar todo só se pode albiscar o que fuches...

-Onde semella rematar todo só podes enfeitizar paraxes e esceas da túa puta vida baixo ondas de miles de cegos e tenros cavilares, o que demostra que así coma...

-Xa o sabías?

-Creo que sempre o souben, pero agora que a mirei e escoitei o son da súa cara ao esvarar na miña doume conta de que por moito que loite...

-Non o digas!

-Por que? Pensas que ha de vir o mal tempo a saudarme á porta da miña casa?

-Non remates iso porque inda quedan cousas das que é mellor non falar.

-Pero todos o saben...

-Si, pero aínda non é momento... e pode que nunca chegue.

-Certezas.

(Mentres entra NÁUFRAGO.)

-Aí está.

-Que tal na túa viaxe? Pensabamos que ao mellor decidiras non voltar.

(NÁUFRAGO séntase no chan e fala mirando a unha baldosa calqueira.)

-Equivoqueime de cruce, non fun quen de durmir... e caín en mans da paranoia.
07/06/2005 16:17 Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

09/06/2005

Coches electorais

Supoño que, coma min, estes días andaredes ata os collóns de ver pasar por diante vosa, das vosas moradas ou polos distintos habitáculos situacionais eses coches cunha fotojarsía do politicucho de turno cunha megafonía harto estridente:

"Móvome... móvome por non sei qué... móvome por aló... e tal e así"

"Máis cultura, máis mamadas, máis pallotes, máis extorsión..."

"Un país novo, un presidente novo, un pirolo novo do trinque..."

En fin. Chamo á mobilisasión siudadana contra estes espantallos da publicidade. Acsión mutante contra estes corvos do politiqueo.

Onte, xa forsado pola miña irmá e as súas verbas de "jrítalle aljo", vinme na obriga de poñerme na fiestra do salón a jritarlle ao coche dun deles: "FassistaaaaS!"...

Respostas primarias e primitivas a problemas da modernidade.
09/06/2005 13:56 Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 1 comentario.

Que Júpiter inteiro se desfaça em merda

o pasado para min xa só é.

as paranoias son cousa de pobres.
chorar é de pobres.
a miña canción é de pobres.
o atardecer é para os pobres.
os pelos no bandullo son cousa de pobres.

a televisión
é un cartaz publicitario
no teu salón.

o diñeiro é cousa de pobres.
a moda é pan de pobres.
o sexo está aí para os pobres.
os counting crows son de pobres.
as ideas son de pobres.

a teatralidade que amoso
é porque mo pide.

un caramelo é de pobres.
os xuizos son de pobres.
os moratóns nas pernas son para os pobres.
o capitalismo é dos pobres.
as relacións sentimentais e esa merda son para os pobres.
a vida é de pobres e feita por pobres.

a distancia
da tristura
ao meu peito
mídela ti cada dia
cos teus dedos.

os pensamentos enriba da cama son de pobres.
unha palmada nas costas é para pobres.
mirar a choiva pola fiestra é cousa de pobres.
considerar as situacións só é de pobres.
as pallas están en mans dos pobres.
as tapas dos iogures fixéronse para os pobres.

as interxeccións
baten na porta.
durmir é a ferida.
vento como sinatura.
durmir.

as miradas son de pobres.
os momentos nos que só hai sombra son dos pobres.
o algazo está nos pobres.
o tempo é para pobres.

todo o que sintes xa o sentiron
antes.

e sentir non é a idea.
as ideas son de pobres.

sentir non é camiño para a vida.
a vida é de pobres e feita por pobres.

pénsao ben. isto é o que agardas.
os pensamentos enriba da cama son de pobres.

cando todo o mundo me ame,
nada cambiará.
cando te rías ás miñas costas,
nada mudará.
cando me creas,
nada mudará.
cando deus baixe e me explique de qué vai todo isto,
nada cambiará.
cando pase,
perderei todo.
09/06/2005 22:19 Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 3 comentarios.

12/06/2005

Odo, odo, odo...

Pois esta fin de semana foi algo bastante estraño... Non sei ben cómo definila...

Supoño que a mellor definición podería ser : "Odo, odo, odo! Tiro con todo!". E inda así non reflicte o que foi, se non unha coña das que tivemos novas.

Estou apagado agora.

Como diría Fe intentando ler nos beizos de Inés... Radiola!!!
12/06/2005 21:55 Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 2 comentarios.

14/06/2005

O curso foise

Si, amigos e amigas das radiografías púbicas. O curso rematou de maneira un tanto aparatosa... e agora é momento de mirar todo o qué foi.

E postos a lembrar caralladas podemos falar de moitos momentos e de moitas movidas míticas (mitiquísimo...):

-O piño de Roca, as vedetes de Roca, o día do exame de Roca (que chegou cousa de media hora tarde)... por non falar das multiples e multitudinarias viaxes a ver se xa estaba a nota do puto exame.

-Os chines coa lectora de inglés por parte de toda unha xeración de xente boa.

-Os putos peiteados do tonto dos tenis.

-Os distintos encontros con Fiti-Cage & cía. todos mamados.

-O día que chegou Broker e nos preguntou qué asinaturas coller e Ion púxose todo kiote.

-O descubrimento do ascensor da biblioteca.

-Todo o que foi a grabación de "Aditamentos"... dende as grabacións (papando frío en gayumbos, mostrándome ante o pai de Ion moi eroticamente, con Pablo na cafeta sen puta idea do guión, faséndo os créditos, as tomas de bus, a irrupsión na Igrexa aquela...) ata a montaxe (na que chegamos a dicir cousas como "colle a cafetería vella e súbea" ou "acerca un pouco o fin").

-As clases de Nodar e o conseguinte desorde neuronal que nos provocaron.

-As clases de galego, onde o pasei realmente ben.

-As clases de Cleofé, onde o pasei realmente mal.

-Todos os putos toques que nos demos en Quilis dun xeito bastante tonto.

-As supernotas do parsial de Blanca... (no comment).

-Descubrimentos como a panda de Fiti, o tonto de Filo Inglesa, Conan y señora (dálle que dálle)...

-O traballo de Fidel, que inda foron as risas na biblio cos putos títulos ridículos de artigos.

-O exame de Pumares e a ligada de Gonzo... hahaha... mimá...

-As clases de Yagüe... E os momentos Quijote-risa y "¿Dónde está la cárcel de amor? -En Macedonia.".

-Sandra berrando "Furcia!" en clase de Quilis.

-Raquel e as súas movidas tipo desmaios, sangue polo nariz, etc.

-Camino flipando en clase de Fidel "Pero ejte tío...".

-Lucía marándose de xeito curioso ao mirar para Raikonen (o alemán de sintaxe)... e que conste que sabemos que Raikonen é finés, pero e que o tipo é un puto Ice-man da vida.

-Pablo e o espectáculo no humor.

-O día que saimos todos e os bailes tipo profes e así.

-A festa do Festival de curtametraxes e pedaso peido que ajarramos os de hispánicas... miña nai...

E eu que sei... como estas moitas máis... Fáltame aljunha... Agardo a vosa colaborasión, compa-troitas de hispánicas.

E que o ano que vén teñamos máis para lembrar.
14/06/2005 18:07 Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

16/06/2005

...il grande mondo della merda

Nin corazón, nin ostias.

Nin sentimentos.

Nin bágoas.

Nin mariconadas.

Nin nada.

Nada. Non quedou nada.

Mentirche sería meritorio.
Dicirche a verdade
sería lume nas mans
da túa raiba.
Pensar que
esquecer é
vermello.
Páganme por cada cravo que
chanto
nas túas bragas.
Vermellas e solubles.

Nin sentimentos.

E ti faste a dona de todo iso.

Que che metan a Torre de Hércules
pola cona.
Supoño que a notarás.
Non eras a dona dos sentimentos?

Doeume.

Una vacanza-merda
16/06/2005 00:08 Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

La piedra angular de todo nutritivo desayuno

65.jpgMañá, despois de terlle entregado a Fidel o choio de 102 páxinas e de, ao mellor, ter achicado con Ion na facultade ao Pro ou algo similar, partirei cara Compostela.

Inés díxome de ir e tal, pero prefiro ir pola mañá para non andar ás voltas Oleiros-Coruña-Oleiros-Coruña...

Entible.

Pois a ver cómo resulta ser o tema. Glo ten sea de fin de curso e nós (supoño que este nós rematará por incluir a Agus, Inés e eu) agardaremos a que as gargantas profundas de La Salle se atiborren e etc. para podermos irlle dar unha volta.

E o sábado-sabadete-sabañón a Muros, a ver se gastamos praia e pola noite gastamos algo máis... non sei... algo máis canijo.

E despois a ver... haberá que voltar para reencontrarse con Nodariño...

¿Sabes cómo llaman al cuarto de libra con queso en Francia?
16/06/2005 18:17 Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.

20/06/2005

Campionato Baño 2005

30 e 31 de xullo. En Baño (Serres-Muros-Galiza).

Premio 1º: 200 euros.

Premio 2º: 100 euros.

Custo da inscripción por equipo: 25 euros. (Realizala antes do 28 de xullo, data do sorteo).

Teléfono: 630258948.
20/06/2005 19:53 Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Estou canso de cojones (Rivetto)

o talon de aquiles en roca de montaña:

o corpo humano é unha merda e unha incognita ó mesmo tempo, da risa pensar que cun mínimo esforzo nos cansemos tanto; a clave: a disciplina pura e dura...
o noso corpo é un gran musculo que disciplinado pode rendir ,dunha forma impensable nos comezos da civilización que íamos pensar os seres humanos do que eramos e somos capaces de facer, a nivel físico e mental. somos tan fráxiles que calquera cousa pode destruirnos a nivel fisico e a nivel mental :
a nivel fisico podemos caernos ó chan e morrer por calquera cousa... a nivel mental a tristeza pode levarnos a tal locura que nos obligue a quitarnos a vida ou a limitar esta mesma dunha forma trascendental....

podemos crear e destruir, aínda que eu opino que a natureza do ser humano está extralimitada ó segundo término. a nosa mente pode aprender calquera cousa simplemente ca simple observación, como por exemplo están as artes marciales, como a unha persoa se lle pode ocurrir un sistema de defensa e ataque sen ter unha base sobre a que sustentarse; ten unha palabra: xenios, igual que eisten descubriu introducindose de xeo nas suas cavilacións a lei da relatividade e por iso foi un xénio, o descubridor do karate ou do twkondo etc foron xenios, para crear un arte marcial que primeiro tiveron que autoaplicarse a eles mesmos e á sua configuración física...
si señores e señoras somos uns seres en continuo contraste, por un lado tan fráxiles e por outro tan complexos e consistentes, fora como fora o noso nacemento porque facernos tan débiles e tan sotisficados ó mesmo tempo, temos que ter un talon de aquiles , unha debilidad?

en resumen: ke sabes de rusia?- pues es un pais grande donde hace frio.

postdata:reclamo unha foto da tua debilidad/complexidade ; (como complexidade non vale a tua cabeza)
20/06/2005 19:59 Enlace permanente. Tema: Os meus tolos Hay 2 comentarios.

Elecsións-Episodio 1

Resultados do reconto electoral en Muros...

PP 2.283
PSdeG-PSOE 1.759
BNG 1.428
EU-IU 17
CDS 12
FPG 9
PH 9
D.N. 9
AU.TO.NO.MO. 7
NÓS-UP 6
IDEGA 6
FE de las JONS 0
Votos nulos 12
Votos en branco 57

Conclusións rápidas:

-Moito facha en Muros.
-Hai peña que vota a Democrasio nasional (reacsionariado chungo fassista).
-Hai case tanta peña que vota en branco como peña que vota aos partidos sen representasión política.
20/06/2005 23:12 Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 3 comentarios.

Elecsións-Episodio 2

Resultados do reconto electoral en Oleiros...

PP 6.179
PSdeG-PSOE 5.892
BNG 3.632
EU-IU 164
AU.TO.NO.MO. 31
CDS 26
PH 20
NÓS-UP 19
D.N. 15
FPG 11
FE de las JONS 9
IDEGA 4
Votos nulos 74
Votos en branco 348

Reacsións químicas repentinas:
-Máis peña que vota en branco que aos sen representasión política.
-Mentres nas munisipais jaña Alternativa dos Vesiños ("partido" esquerdento de faser chalets) nestas levouse o jato ao poso o PP.
-Apetrena Oleiros.
20/06/2005 16:47 Enlace permanente. Tema: Esbardalle Hay 4 comentarios.

Quijoteee... SANCHO!!!

espertar.JPGXa estou de volta en Oleiros. Menudo fin de semana que jastei por terras compostelás e muradanas...

O venres en Compostela son dos que fan escola. Para o bo e para o malo. Dende a diversión máis enrabietada, até a confusión e desazón máis incoherente, pasándomonos polas tolemias situasionais máis incribles.

Titulares (había tempo que non facía o dos titulares):

-Quijoteeee... Sancho! Juancaaaa... Roke!
-La naturaleza, por Juanca (unha cara de jato, un corpo de muller e unha árbore).
-Gásteiz... Habeas Corpus e tíos que che dan milleiros de papeis!
-Baños de amor no piso de Glo e Roke ("estos son gilipollas").
-A botella voadora e a ronda relámpago!.
-Nudismo post-marcha.
-Móvome, a rapasa sosiata que ía fasendo chicáns.
-A botella de Eristoff e eu fasendo do imposible realidades malabarísticas.

Eu que sei... supoño que se me esquesen aljunhas cousas. O episodio co subnormal de Ribeira abstívenme de telo en conta.

E o sábado tamén foron as mofas. Juanca contando o do tipo que probaba a coca coa lingua, Fe falando dos cuartos de baño do Festimad, xojando ao futebolín con Juanca (janamos comijo diante e el meteu todos) e outras movidas que tamén tiveron a súa cousa.

Bueno lo. Aí vos deixo unha fotojarsía do que nos atopamos o sábado ao érguernos e dende aquí pido a roke que me pase as que sacou co seu móbil!

Apertas miles!
20/06/2005 23:34 Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

23/06/2005

Help me, Dr. Zaius!

plapes.jpgDr. Zaius, Dr. Zaius... oooh! Dr. Zaius!

Pois hoxe évos o San Xoán e por first time vou sairlle na Coruña, até o momento sempre me cadraba algo tipo exame ou así.

E vai haber un desembarco do copón no piso das rapasas (Saúdos dende aquí a Miriam que se está a destapar coma unha fiel lectora da merdallada esta... aúpa Miriam!).

Non sei cómo vai ir todo, porque non son ningún tipo de deus todopoderoso nin nada, pero agardo que ben. Se pasan das 2 da noite e sigo en pé será xa meritorio.

E mañá baixo para Muros. Inda que a situación podería ser moito mellor, sempre é algo que enche o peito, non en plan silicónico, se non en senso figurado.

Dende aquí chámovos á reflexión nunha data coma a de hoxe. Pensade, amigos e amigas dos folios ruchados nas esquinas, que hoxe é tan día de xuño coma antonte.

Ala! A mamala e a mamarse.

Dr. Zaius, dr. Zaius... oooh! Dr. Zaius!
23/06/2005 16:34 Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.



Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]