Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Se muestran los artículos pertenecientes a Octubre de 2005.

Entendes?

Xa estou en Oleiros, amigos do silensio do internauta.

E este traslado viu en ser algo máis intenso do que semellaba, moito.

Non sei qué disir, nin sei qué non disir.

Creo que vou adicar o tempo que teña libre a ir colgando as pallas mentais que foron vendo a lus nestes días que andiven vajeando por muros.

E no flog irei colgando algunhas das fotos que se foron sacando neste periodo. Agardo, para isto, que os que tendes fotojarsías do verán muradano que eu non teña tamén mas mandedes ao correo (isto vai por ti, Nuria, que quero as fotos da praia, coa foto de "pena-desnudo" e tamén as da "sea-scatergoris").

Saúde, irmás e irmáns!!!
02/10/2005 21:47 Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

Nem este corpo exausto

No berce da aperta incondicional
sumerxido escapas.

Escapas,
dixen,
e miras o teu resplandor
con paranoica fascinación
de recén morto.

Que te equivocas,
que non tes lugar,
que se che apaga,
que arde, prende e morre.

Que desesperas,
que agardas que o tempo pase,
que non tes metas,
que na beirarrúa da túa vida
falas de yonkis
con outros yonkis
de cousas de yonkis.

O saber non ocupará lugar.

A emoción non fará o mesmo.
02/10/2005 22:06 Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

9:47:33 - 9/9/2005

Ceo gris e chove.
Pechado de lume.
Inundación irreversible.
A doenza fagocitando.
Dor ás miñas costas.
Pánico e miseria.

Pero hoxe,
eu hoxe espertei ledo e sorrinte.
02/10/2005 22:33 Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Mierda de ciudad (Kortatu)

mierda.JPGTodo este sábado me lo voy a pasar
pribando en mi casa hasta rebentar.
Ya estoy harto, no quiero salir más,
siempre lo mismo, mierda de ciudad.

En la calle tontos que saludar,
coches zeta, un cacheo en el portal,
chulos de puta teniendo que aguantar,
siempre lo mismo, mierda de ciudad.

No hace falta que nos lo diga nadie,
ya sabemos que es un pataleo gratis.
No cambiará nunca esta situación,
siempre lo mismo, mierda de canción.

Todo este sábado me lo voy a pasar
pribando en mi casa hasta rebentar.
Ya estoy harto, no quiero salir más,
siempre lo mismo, mierda de ciudad.
03/10/2005 11:55 Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 2 comentarios.

Às vezes de noite, às vezes de dia... no bosque da lua cheia

E aínda con resaca de futuro.
Aínda sabendo que a nada non che é suficiente.
Berrando que aínda non vin o teu sorriso entre tres lúas.

Non importa do que fale a conciencia.
Non importan as formigas
que engulen, danzan e afirman.

Guinda a túa mente o máis lonxe posible.
Déixame sair.
Porque eu creo facerme máis forte.
Algo máis prateado que estes días.

Ás veces
as palabras son palabras,
os bicos son palabras
e as palabras...

Aínda sabéndoo,
berro que non vin o teu sorriso
entre tres lúas...
03/10/2005 13:20 Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

No quiero morir en el mundo hoy

Quiero ser nadie en ti.
Quiero lengua en llama benevolente.

Quiero redefinir cada tramo de tu piel
bajo la ley del sabor.

Quiero pobreza en tu cama.
Quiero mendigar la presión de tus labios legendarios.

Quiero el vacío nuclear áureo.
Quiero tu cara para llevármela alrededor de mi soledad.

Quiero estrellar mi corazón trece veces
contra el sonido de tus despedidas.

Quiero ser otoño y abrazarte.
Quiero beber de tu mano un poco de aguante.

Quiero olvidarte para encontrarte en cálida morada.
Quiero viajar loco por tu cuerpo mientras reímos.

Quiero dejar de crecer en palabras bajo tu techo
y ser extraña luz en ti,
nadie en ti.
03/10/2005 13:29 Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 9 comentarios.

O latido não traduz as emoções tão bem

A estraña lección
tirada dunha pegada na tarde de xullo,
que seguirá por aí,
confusa ante outro milleiro de areas máis.

A estraña lección do frío mal percutido
das estrelas na dispersión.

Ás veces cando
xa non estaba.

A estraña lección
da que tirar corolarios
éuscaros e sen plastificar.

A estraña lección coa que deixar
de ser eu.

A razón da imposibilidade que late.
04/10/2005 16:02 Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Clint, pinta un puente

clint.jpgClint, amijo de jolferías e troula de diversa considerasión hepática, pinta unha ponte de mil cores.

Pois mentres a miña cabesiña se peta de pseudoactividades como pensar en todas as becas que vou pedir, en todo o que teño que ler este cuatrimestre, no currelo que xa teño que entrejar o martes que vén, en cándo vou ir para Muros (que isto non se soporta de ningún xeito!!!), en movidas para os Kenodí... Pois mentres pasa todo isto, pillo eu e orjaniso unha turbosaída en santiajo a modo de destrosa-equilibrio-situasional.

Total... Toda esta merdallada pa disir que o xoves saímoslle en Santiajo e vaise armar a de dios es cristo (sempre kixen disir iso) e que o venres pode ser día paranoico fasendo maratón de Os Novos, Pulp Fiction e Reservoir Dogs a dolor...

Total... que somos o puto peor.

Viva o Frente Popular de Judea! Viva Clint! Viva Amavisca!

(Recomendo aos resén chejados e tal que non vos cansedes de pasarvos por acá, para que vaiades vendo o panorama veraniejo)
05/10/2005 14:59 Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.

Ídolos fallidos del rock

mahouclassltr.jpgBoas! Xa estou de volta en Oleiros, despois de ter pasados uns días en Santiajo do máis caralludos...

Vou coljar os titulares destas datas, porque matarme a resumir sería contraprodusente. Aviso que o número de titulares pode ser enorme:

-A miña bronca tonta ao geme por deixar o Salto de arrós fóra desconxelándose. Sorry!
-Campionato de salto de colchóns.
-A mascota? Litroninho! (A imaxe é de cando era un feto mascotil).
-A publisidade de Pena (Juvesport é un basilococo).
-As rejras máis juapas do século: o sejundo en ter máis puntos jana.
-O papel de WC como jirnalda.
-A rolos pola sona vella.
-O Avante petado.
-A morte de Litroninho... agora só é unha lenda!
-Mexando na prasa... unha espesie de "Singing in the rain" enxebre.
-Somos os máis cantaríns da sona.
-El año que viene: betis- leganés.
-Alba non saltes cubos de basura.
-O xurado pon temas moi fodidos (coches dos anos 60?).
-As pelis de dinosauros da jalleja, forever!
-As cantidades industriais de comida no piso de Alba (fritimos patacas para sincuenta marines).
-O espello do WC do piso de Alba ou unha espesie de auto-voyeurismo.
-A prima de Alba foi comijo a informática!
-Gloria foi pillando o de cortar periódicos.
-Partisipantes do campionato: Bluesky (polo microondas), Banqui (por satimbanqui), Apocalipse (por lóxica), Supaman (por freaky), Trotaconventos (por imbésil).
-"Un dos partisipantes parésese sospeitosamente a un do xurado".
-Álex a Raúl: "Feo".

E ajora, un apartado espesial para os saltos... En serio, foi do mellor en moito tempo:

-Al Qaeda: Agus comesa forte e con carja explosiva.
-A cucaracha: o geme tolea.
-O pino imposible: no sejundo intento do día mellorou.
-Ídolo fallido del rock: o despresio polo pubis.
-O Tunesino: posta en essea lexendaria.
-Paracaídas Eroski, para que no te metas un coski: enorme.
-Non sei ónde está o colchón: Monty Python's action.
-Mi vieja yegua gris: freakadas.
-Os membros do xurado son uns fillos de puta: Roke rebélase contra o sistema.
-Loita contra o olor: Álex atrévese cos seus propios tenis.
-Ramón Sampedro: Agus dá onde doe.
-O salto do retrasado: creo que só lle molou a Agus, jrasias, meu!
-A impenetrabilidade da materia: a maior hostia da velada.
-O salto atlético: Roke amosa o seu potensial físico voando por toda a salita.

E eu que sei... se lembrades máis movidas poñédeas nos comentarios!

Sodes os mellores!!!

Hahahaha!!!

Aúpa Amavisca!!!
08/10/2005 16:37 Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 6 comentarios.

Friends 'til the end (Millencolin)

First words you say in tears,
complaining how I'm never near
I know I'm lost sometimes cause I'm grounded in my mind
It's like that
It's like this all the time,
first I say that you're ok than I go my way
And you're desperate
So desperate when you're down

Here I stand, take my hand
and I'll try to understand you right, understand you right
In the best way I can,
cause after all I am your friend.
09/10/2005 13:12 Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Não detectou nenhum tipo de personalidade

Benvida ao día mundial da esquizofrenia.

Elexino entre todos os días
de todos os almanaques
pensando elexir un anaco da túa pel.

Pero só é un día.

E cando remate, seguiremos.
09/10/2005 15:14 Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

En Plan 19

Estou en plan necesito ir á Praza de San Pedro e que esteas aí.
09/10/2005 18:58 Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 2 comentarios.

Momento de flipe mundial

Acabo de pillar un libro na biblioteca de Lois Pereiro ( "Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995"), e achei un poema chamado: "If I die before I wake...".

E éme imposible pensar que o título non está en relación con "Enter sandman" de Metallica, na que un dos seus versos di:

If I die before I wake
pray the lord my soul to take

Total... que hai un poeta que pon un cacho dunha cansión de Metallica como título dun dos seus poemas...
10/10/2005 10:17 Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

If I die before I wake... (Lois Pereiro)

O pasado apodrece baixo terra
e o presente non flúe,
é un río morto.

Pero esta vez non haberá resurrección
e o futuro é por forza alleo a min.
10/10/2005 10:18 Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

Raza

engulín a miña estirpe
e vomiteina unha vez máis.

psicótica evasión como paranoica e
plúmbea pomba en retroceso
repugnante.

engulín a miña raza
por inútil.
vomiteina unha vez máis.

cólera e resentimento do santísimo.

quero empregar o sangue que agroma
da gorxa do rei morto ante
min
como prebe
onde mollar o pan
e o noso orgullo.
10/10/2005 17:56 Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Está acostumado a ser apedrejado

Un gato branco
e gordo
ten unha cuestión.

Tusindo moi ben podemos ir
até a nosa morte,
con serpes desmotivadas para a multitude.

Un gato branco
agochándose tras raíces,
dalgún xeito.

Tumbados podemos ter a ben o
bicarnos
sen absolutismo nin exactitude.

Escea de tristeza.

E punto e punto e punto...
11/10/2005 15:10 Enlace permanente. Tema: Pallas mentais No hay comentarios. Comentar.

Satán

Cando Satán baixe
de entre as nubes para
me explicar por qué se
ve tan mal a tele na casa
da miña avoa,
ti máis eu
seremos algo do que
teremos que explicar
o porqué.
12/10/2005 23:39 Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Qué hizo? Follársela?

jav.jpg-No, no, no. Nada tan grave.

-¿Qué hizo, entonces?

-Le hizo un masaje en los pies.

Amigas e amigos do sionismo homosexual, mañá parto cara Muros en busca de aventura e tempo que perder!

Sairémoslle a iso das oito e pico cortesía de Miriam e o seu corsita cañero.

E xa me ía tardando o momento de voltar a aquelas terras...

Disfrutade o finde! Eu intentareino!

Pas, amor e masaxes nos pés!
13/10/2005 21:54 Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 4 comentarios.

Figli della stessa rabbia (Banda Bassotti)

marcos.gifForte il pugno che colpirà in ogni paese in ogni città
Chi cammina sopra ai corpi violenta le culture cancella i ricordi

Forte il braccio che alzerà la bandiera rossa della libertà
Come chi combatte sui monti con le scarpe rotte quando fischia il vento

Come augusto Cesar Sandino, Josè Martì y Camilo Torres
Come chi combatte col cuore la causa dei poveri contro l'oppressore

Come Steven Biko, Hochimin, la comandante Clelia, Samora Machel
Come el Che, Farabundo Martì figli della stessa rabbia

Come i Sioux e i Cheyenne, Tupac Amaru e Simon Bolivàr
Come el Che, Farabundo Martì figli della stessa rabbia
13/10/2005 22:06 Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 2 comentarios.

En Plan 20

Estou en plan non consijo durmir...

En plan insomnio...

En plan que estou triste, depre...

En plan mal.

En plan... ao carallo...

Sei que vola pela... pero así é.
14/10/2005 01:53 Enlace permanente. Tema: En Plan No hay comentarios. Comentar.

Muguruzada dun venres pola mañá

A victoria virá en bolsas do
Gadis.

Será bebés recén nacidos que
roubaremos ás oito
ou así.

Semellaráse a vellos cheos de vómito
na beira da autoestrada.

Tomará a forma do fume da biblioteca
de filoloxía ardendo, holocáustica.

Vivirá no corazón de asasinos masoquistas
que bailen con tu-tús algunha de House of Pain...

Medrará nas partes fedorentas do
violador das túas fillas de colexio privado.

Ceibaráse polos camiños petroleados
da terra negra e estéril.

A victoria virá,
me cago na ostia!

Aaaaah!!!
14/10/2005 10:51 Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 5 comentarios.

Um abração do dianho

Algúns diaños na lingua
escribindo novelas
americanas de conquista
e dores alleas.

E cuspirei
diaños novelistas na
espiral do esquecemento.

Como un diaño novelista
que se ergue
á
súa hora
e almorza ao xeito.

Os títulos dos libros
escríbelos pola
noite.
Revolve.
Abrigos e lacazáns...

A dor colle en
cento sesenta pedriñas.

Se fosemos diaños
teriamos as gafas
de Chomsky porque
sería
o noso.

Seccionar, falar, discernir,
forzar, apretar, identificarse,
violar,
desvirgar,
foder,
matar e máis protestar.

Estás feito en
Michigan.
Noutro distrito.

Hoxe camiño so
na soidade do camiño.
Pero agardo que digas
algo.
Agardo un toque
na fronte.

Algúns diaños tardan
en se reuniren
na miña lingua
leda de
morte.
14/10/2005 11:07 Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Choiva de Chaskys

chasquis1.jpgAmigos e amigas das fines de semana de corte neogramático, xa estou en Oleiros de volta morrendo de asquiño con tanta historia do español e tanta sociolingüística.

Pero esta fin de semana estivo bastante ben, pese a que cheguei a Muros nun momento baixo.

E agora, coma sempre e porque son máis can que dios e poñerme a resumir e contar como foi non é plan, farei uso dos titulares:

-Miriam: a peor bailarina porno da noite loureana, pero jran conductora entre a néboa.
-Hurricane, ou destrosar unha cansión a base de mal.
-Choiva de chaskis á porta de Carvídeo (esa foto, ao pareser, é dun jrupo ke se chamaba "Los chasquis", creo que era o meu deber poñelo).
-Kiwi(ou Gachi, ou aljo similar a todo iso), o sentral do Montelouro que se fixo unha lenda sacando de porta.
-A roseira...
-Ginés: "sentimiento" e "fuste". Un home adoesido.
-Ginés xojando ao Pro: "kaká, kaká, kaká, kaká...(esétera)".
-Jran conversa na Churra.
-Paula, un corpo destrosado sobre un cactus.
-Almorsando polo paseo marítimo.
-Iria é clásica. Non, é neoclásica. Roke fala de barroquismo.
-Rosa e as botas de 77 euros.
-Viaxe de volta: jrandes teorías sobe comunismo e máis sobre a adopsión.
-Alba tamén saiu!
-Juanca dedica a de cansión de Pasión de Gavilanes polo teléfono!!!
-Fe, ao final non che pillei nada do que me trouxeches.

E coma esas, moitas máis.

Agardo a vosa colaborasión nos comentarios!

Saúde, amor e chasquis á porta de Carvideo!
17/10/2005 15:08 Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 6 comentarios.

Boas novas

Skatalíticos deste e outros mundos... Entre isto, isto outro, isto e isto... que máis podemos pedir???

Ska! Ska! Ska!
18/10/2005 10:01 Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Você sabe a diferença

Mil anxos desesperados
voando.

Sen formación.

Mil anxos desesperados
sen deus
nin estilo de vida.

Mil anxos desesperados
con ás cheas de verdina
e corazóns repletos de moscas.

Mil anxos desesperados
aprendendo a entender que
mil anxos desesperados
só son
mil anxos desesperados.
18/10/2005 22:51 Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Camiño da fin

dentistefreudiano.jpgCamiño da fin, así é como pensa moita peña que estou en vista da operasión de piños que teño mañá. E é que me van sacar as moas do xuisio (do pouco que me queda) e todo cristo me conta anécdotas e experiensias pseudopersoais tipo "a un amigo mío de Madrí se las quitaron con la mano y después estuvo en coma pero no va venir más por aquí y no lo vas a conocer".

Total...

Que en vista de que vou morrer en breve, véxome na obriga de ir fasendo o meu testamento, así que... alá vou:

-A Álex déixolle a miña camiseta mítica da polisía, porque sempre me toca o carallo cando a poño.
-A Gloria déixolle o meu cráneo, pa que sija fasendo coñas sobre o seu tamaño.
-A Luxy un manual sobre cómo entender a Roke.
-A Roke todo o ska que inda non lle pasei.
-A Pena le dejo un diccionario de castellano.
-A Inés déixolle un jramo de velosidá mental para pillar coñas... hahaha...
-A Fe déixolle aljo de pelo. (Perdoa, pero non puiden evitalo).
-A Diego déixolle o meu braso dereito, que está ben adestrado, para que mellore o ritmo.
-A Paula, calqueira cousa sen pinchos que atope no meu cuarto (que entre cactus e pinchos deses do pelo, a rapasa non sae viva de unha!).
-A Eva déixolle unha copia do corto, que debe ser das poucas persoas do mundo que inda disfruta da vida sen ver o meu puto corto.
-A Agus déixolle unhas bolsas do Eroski, para que voe!
-A Alba déixolle unha toga que teño por aí para que se plante diante dun jues para lle disir o de "Paréseme fataaaal...".
-A Juanca, un anaco de fíjado, que nunca está de máis.
-A Raúl, un par de neuronas, pa que duplica a capasidá intelectual da que fai jasto agora.
-A Miriam, unha colecsión de porno, pa que vaia aprendendo.
-A Ion déixolle un boli de La Caixa pa que pinte a mesa diante da Decana.
-A Sandra déixolle unha caixa de sapatos para que se independise.
-Ao resto, déixolle un mal recordo de min.

Saúde! Resade por min!
19/10/2005 19:52 Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 15 comentarios.

Unha moa menos

Caralladas do mundo agárdanme en amajos de quirófano.

Ao final só me quitaron unha moa (unha pedaso de moa, por outra banda), e teño a boca maso rara (obviamente).

Total... que ando perdendo tempo que nin diola, que non fajo nada... Que para a semana teño que faser vinte mil caralladas e non me dou posto a elas. Nin nada.

Sei que pode semellar que estes pensamentos sexan inconexos, pero debedes lembrar que en galego non se di "inconexos" senon "incoellos".

Total... que somos o puto peor.

Este artigo dá asco.

Saúde, pas e sangue na boca!
21/10/2005 11:52 Enlace permanente. Tema: Tontadas No hay comentarios. Comentar.

Nem digo mais nada sobre o assunto

Quizáis
as fibras
que van río arriba,
en realidade,
especulen na miña contra.

E que se a auga me mollase,
se o chocolate
falase de si mesmo,
racharía con todo.

Nun intre
miles de mensaxes.
Nun intre
ordes de vento e aire.
Nun intre
non hai ti, nin vós, nin elas.
Nun intre
un intre de nada.
Na nada da historiografía.

Eu, coma o descarte,
nunha mesa na que
os folios me confesan
que non hai nada
máis alá do medo á
verdade e ao
fuxir.

22/10/2005 10:39 Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Avanzo de Cantiere (Banda Bassotti)

20051022161601-00bandabassotti.jpgCon le mani sento il ritmo di un cuore che batte per me mentre sogno che non sono più solo berretti verde olivo di nuovo sopra le montagne e l'Armata Rossa che marcia verso le città combatterà egoismo e falsità...
22/10/2005 16:16 Enlace permanente. Tema: Sitas No hay comentarios. Comentar.

En Plan 21

Vida en directo.

Bágoas sen vir a conto.

Son o peor.

En plan son parvo.

23/10/2005 00:11 Enlace permanente. Tema: En Plan No hay comentarios. Comentar.

En Plan 22

En plan teño uns cambios de humor flipantes...

Pero na distansia o mundo faise incompresible.

Estou en plan... estúpida...

 

(-retrasado)

23/10/2005 00:38 Enlace permanente. Tema: En Plan Hay 3 comentarios.

Chorai comigo a minha imensa mágoa

sei que non me oes
botarte de menos.

que non entreves por
entre os segundos,
que sen ti son chantadas nos ollos,
á miña alma ser solitaria
roseira esquecida.

entendo a melodía
da distancia
coa que semello en discordia.

sei que por máis que berro
e sinalo o ceo na
procura dun culpable
non me oes botarte
de menos.

e a imaxe non é outra
que eu apretando unha roseira,
pensando no nome do mar
e
sorrindo
sempre
contigo.

23/10/2005 18:08 Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 2 comentarios.

Máis que todo

supoño que hai un descorazonamento
no que penso en ti
e a distancia é unha
chamada.

trala fiestra só hai néboa.
trala fiestra só fica o outro lado.
trala fiestra
ti.

non me gustas.
non te quero.
nin te desfás nos meus dedos,
nin es unha delincuente
malensinada.

non me gustas.
gusto de viaxar so con mil melodías.

non te quero.
nin gustar, nin querer, nin gorentar.

es ti
e ti es todo.
máis que todo iso.
es máis que todo.

un infinito de apertas.

24/10/2005 21:23 Enlace permanente. Tema: Pallas mentais Hay 1 comentario.

Dieguito, ese home

20051025141359-cuchu.jpg

Amijos e amijas das pollas de joma e látex, dou aquí comeso unha secsión lamardebonita. Baixo o epíjrafe de "Prejuntos e respostos" irei fasendo entrevistas a mis más allejados periodicamente, é disir, cada ves que estea de rejla.

Esta semana empeso con Diejito, ese descoñesido para moitos e, sobre todo, para moitas.

Hoxe estamos con Diejo para faserlle aljunhas das prejuntas que os nosos internautas se fan máis a cotío sobre a súa persoa e sobre a súa fijura. Empesemos forte: Diejo, ke lo?

Gracias amijo Samuel, estamos akí, gozando con gozo en un pozo por tu flamante a la par que impepinable entrevista. E gracias por iso da miña esbelta fijura, non facía falta que o mencionaras en público porque é algo que salta a la vista.

Ultimamente estiveches fasendo o borrachusas por Cuba adiante, podiasnos resumir un pouco o teu encontro cos chulos da Habana?

Pois os chulos da Havana é unha espesie en constante evolusión. O meu primeiro contacto (non físico) cos chulos foi no baño dun pub... ou puticlub, inda non o sei ben. O comunmente denomindo "chulo cubano", es muy acongedor, ti falas con él, e os dous minutos él preséntache a súa muller, regalaslle un menchero e preséntache a sua prima... e se che ven bailar solo, en seguida che buscan compañía. Debido a este sentimento de cariño, emosioneime tanto que non puiden evitar romper cadros, cristais, manjeira de incendios, así coma extintores a miña chejada o Hotel.

É serto, como se di naljúns sírculos de catro puntas, que en breve voltarás aos terreos de futebol?

Rotundamente falso. Nestas duras semanas acudindo cada mañán morto de sono o Hospital facer a rehabilitacion, teño que confesar que me enamorei da miña enfermeira!! Sí, lo confieso, no hay nadie que me de ultrasonido en el tobillo como ella. Ni tampoco nadie que me de masajitos con tanta arte. Por tanto, como buen seguidor de Maradona, xuro polo Musiquito que non volverei a xojar pegado a raia...

Este xa é o teu cuarto ano en A.D.E., o cal implica que o teu fíjado xa debe estar ocupando espasios que lle correspondían a outros órjanos, como valoras a túa traxectoria nesta bonita carreira?

Pois sí, a veces cando me rasco os juebos, noto como o meu hígado está en constante crecemento. Debe ser que cada fin de semana lle cae algún petisuis.
A traxectoria na carreira... de pinga, non se pode traballar menos e aprobar máis. Terceiro foi o ano máis dificil... as cinco horas semanais que iba a clase eran durísimas... ainda que todo comprensible despois das infernais partidas de mus dende as oito e media... que deron como froito o meu nomeamento como "Yokozuma del Mus", ou como carallo se chamen os jordos do SumoSol (chiste).

No tema meramente sexual, podese dicir que tiven que facerlle algún traballiño a certas profesoras nas revisions, pero como di meu pai Manolo: Todo por la patria!!

En que che justaría choiar unha ves que che dean un papeliño no que poña que tes todo feito do que é a carreira e tal e tumba?

Pois maiormente o meu obxectivo é ser como o meu ídolo Tono Lema!! Que va!! O obxectivo prioritario é o de ser Director de Marketing, para poder facer jrandes propagandas como a do boneco "Cocolín se hace gotelé en el gayumbo". Pero máis ben supoño que acabarei por ahí limpiando carreteras ou cacas de can. E en caso de que isto non cheje a bo porto non descarto dedicarme a prostitución de luxo, é dicir, so me acostaría con famosas. E se se da o caso pois iría a Gran Hermano e facer o dos pipotes de Nocilla.

Deixando a un lado oscuro os temas laborais e tal, como vai a túa vida amorosa?

Pois dende akí quero facer un chamamento a todalas mulleres juapas de España, ou mellor dito de Galicia, que a gasolina está moi cara... que aquí teñen un rapaz, que non me vou describir, pero miña pra miña abuela son o mais juapo, o máis listiño... Non, dende que fun a Cuba son un home novo, o alcohol xa desapareceu da miña vida e estoume centrando para botarme moza formal e asentar a cabeciña, q se non o riñon non cheja os 30... o caso é que as mulleres deben querer que morra, q escapan todiñas!! Moziñas bonitiñas, por vos se fai falta vou ata O diario de Patrisia!!

Dende os sectores máis ortodoxos vense reclamando con forsa que abandones a loita arma... non, espera... ke era?.... ah! si! que abandones as pajas e pajotes, que pensas de estes insensatos?

Eu téñome por un bo deportista, e son demasiados os anos de entrenamiento, moitas horas coa mesma parella de baile, algún encontro con parellas descoñecidas, pero sempre a mesma técnica. Unha técnica depurada e precisa. Unha máquina perfectamente engrasada... Mimá, es un fillo da jran puta, estas prejuntas non se fan en público cabronazo. Ou queres que faga público o día que no Rabadeira por Navidades adicácheste, vestido pastorcillo no baño, a facer un sólo de zambomba.. Wink


Ajora prejuntas de corte máis intelectual, se meten nunha pota fervendo a túa nai e ao teu pai nunha sartén enorme chea de aseite kente... ke lo?

Se fora unha pota, sejuramente sería coma se vivise nun dúplex, porque polo tamaño do seu corpiño, miña nai debe ser descendiente dermatologicamente directa de Papá Pitufo.

E se meten a meu pai nunha sarten en aseite kente Hojiblanca, seguramente teremos de primeiro plato un riquísimo... Picoleto a la salsa verde.

Como valoras a tempada do depor así coma o jarbansos verdes?

Según fontes próximas os centros de disminuidos psiquicos: O parecer Tristán vai cada semana o puticlub de La Luna, para que unha tia lle meta un vibrador polo cu!!! Ainda que pensandoo ben... a Michel moláballe tocar pollas non?? E mirao agora, entrenador do Rumasa Vallecano, jran club, sí señor!!

Pero aparte de esto so quero dicir unha soa cousa: Jugadores mercenarios, Lendoiro ponte las medias!!!

Respecto os jarbansos verdes, non teño declarasións que facer, esa clase de especímenes nom merecen meus respectos.

Que che justaría disirlle a todos os que se pasan por esta web e que poida que lean esta entrevista?

Todo lo que acaban de leer es producto de su imaginación. En caso de que tengan alguna duda en afirmar con voz esdrújula que non digo máis que putas gilipolleces, métanse un dedo polo cú e faigan círculos concéntricos, e no caso de que non queiran actuar desa forma, insúltenme nesta dirección: http://spaces.msn.com/members/vigono/ pero sempre co debido respecto por favor.

Defínete en tres palabras, 4 animais e 8 tenistas.

Puto psicópata humorísticamente muradán de adopción.

Jrasias polo teu tempo, siempre es un praser sexual falar e felar contijo.

Sobre todo felar... Amén.

Zack Morris strikes again

20051026181228-saved-jpg

Tío, tío, tío! Tengo el teléfono de Kelly Kapowski! Adivina con quién va ir al baile de graduación!

Xuventude, como vai iso? Por acá as cousas andan un pouco desmadradas no que a carreira se refire. Que por que? Pois porque as nosas profes están como putas chotas e son o peor que un se pode atopar estando en tan lamentable estado de sobriedade.

Entre a Decana e os seus duelos dialécticos con Ion (o puto A.C. Slater) e Cleofé e o seu tono de vos "rebenta-oídos", pois o futuro é desalentador, amijos e amijas do estructuralismo cacofónico.

Total, que somos o puto peor.

Resistide, filólojos e filólojas de este e outros mundo!

Aúpa Bayside!

26/10/2005 18:12 Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 1 comentario.

A las cosas por su nombre (Habeas Corpus)

20051026184446-sin-titulo1-jpg

La monarquía española es la más directa herencia del franquismo.
La transición a la democracia el ejemplo perfecto del fiel continuismo.
Adaptarse a los nuevos tiempos exigía esa amnesia que llaman consenso.
Los partidos de izquierda dejaban de serlo.
Los de derecha decían ser de centro.
Los sindicatos mayoritarios,
culpables de la mayor de las traiciones cometida a los trabajadores,
pasaban a convertirse en funcionarios.
Y la constitución española,
cadena que aprieta, cadena que ahoga.
Cadena del todo todopoderosa.
La norma suprema. La ciega obediencia.
Elegimos de quién ser esclavos
y desde qué lado nos vendrán los palos.
Sufrimos el terror del trabajo
a la vez que sufrimos el terror del Mercado.
El poder sigue en las mismas manos.
Los que ayer lo tuvieron hoy lo siguen teniendo.
El ejército está vigilando lo que un día quedaba atado y bien atado.
A las cosas por su nombre.

A las cosas por su nombre.

La bandera española es la bandera fascista.
El ejército español el ejército fascista.
La policía española, la policía fascista.

La clase política, la clase fascista.

Por su nombre.

26/10/2005 18:44 Enlace permanente. Tema: Sitas Hay 3 comentarios.

Colaborasión popular

E con isto non falo de colaborasión do Partido Popular.

E tampouco falo dun falo.

Bueno, tras esta parvada vouvos a contar.

Pois resulta que nun pequena vila gaditana (creo que era de Cádis) unha revista orjanisa un concurso de poesía e tal. A poesía debe ser en castelán e tal. E bueno, como o premio son uns 800 euros, pois pensei... tampouco me custa tanto mandarlle un sobre con unhas cantas pallas mentais.

O tema é que deben ser un mínimo de 100 versos e un máximo de 200. O que supón que debo faser unha pequena selecsión do que teño por acá (inda que podo mandar até tres traballos).

Bueno, ao que ía. Que solisito agora a vosa colaborasión no sentido máis serio e tosco da palabra para que me dijades qué Pallas Mentais vos molan máis, ou cales pensades que poden molar máis para unha carallada coma esta. Así que mirade por acá e disídeme despois aquí os títulos e tal, se iso.

Se resulta que non se presenta ninguén e me dan as pelas xuro por José Emilio Amavisca que a todos os que colaboren con isto os invitarei a uns cantos cacharros (tres ou oito ou así. Ok?

Jrasias por adiantado pola vosa axuda. Veña!

27/10/2005 09:40 Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 5 comentarios.

Zeus?

20051027100603-24-jpg

-Si, Zeus. El padre de Apolo. El del monte Olimpo. El de no me toques los cojones que te meto un rayo por el culo.

Jran peli esta.

Pois, xa postos a falarvos dende a aulanet, só informar de que mañá chejarei a Muros cunhas janiñas de faser o parvo e de andar de risas que xa resultan tristes a estas idades.

O tema é que vou pasar esta ponte por aquelas terras e xa me ía tardando a data.

Así que por acá estaredes desassistidos. (Bágoas)

Veña lo! Pásadeo ben e coidado coa choiva! (disque imos pillar un temporal que nos imos cajar pola entreperna...)

27/10/2005 10:06 Enlace permanente. Tema: Tontadas Hay 3 comentarios.



Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras, y Evento Blog España. Vota en los Premios Bitacoras.com [Blog Oficial en LaInformacion.com]