Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Palabras (Caracusto)

Palabras sen sonido que retumban nos oídos, como frechas sen destino e sen orixe...

...non hai xa nin indios nin vaqueros neste mundo...

as risas das bruxas cobíxanse nas paredes das lendas esquencidas e humilladas, como escravos despedidos e abandoados pola súa inutilidade, a evolución pide perdón por non facer nada e a tortura da nosa existencia proclama unha morte digna.

Palabras sordas sen sonido sen sentido, cobrando vida como cobras cobrando o prezo mais alto a nosa ignorancia, non coñecemos o que nos rodea, senon mounstros superfluos que vagan pola nosa mente anunciando a nosa intelixencia como políticos embusteros. As preguntas que noutrora nos atormentaban agora teñen respostas fáciles que calman a sede da alma, non me gusta o mundo no que escribo porque xa non hai papeis puros onde plasmar a nosa ignorancia.

infelicidade asumida, pensamento suicida, a morte respira...

circulos concentrícos separanse a vez que se diluen no reflexo impuro da nosa existencia...o vento oubea... unha palabra escrita fai anos cobra sentido nunha mente temblorosa e os teus ollos seguen torturandome...

Palabras sen sonido, sen orden, sen sentido, así de mal escribo... pois a miña pluma segue a dirección dunha veleta con vento tolo, e así calmase a miña dor. As follas dun libro caen co vento do outono e as lágrimas dun pensamento crean riadas de imaxinación. O egoismo álzase sobre todas as cousas, a vida é corta e hai que disfrutala por riba de todo, por riba de todos...

carpe diem, a corda que apreta os pescozos de miles de persoas impedido a entrada nos pulmóns de aire impuro, quizais deba ser así...

como un berro dun árbore...¡berro eu! afogado pola tristeza da chuvia, fabricando lamentos o peinar o vento. Quizais non teña sentido falar sen ser oído, pero as palabras máis lindas son as que nadie escoitou, as que tan só o eco pudo pronunciar algunha vez e que as paredes de caseróns abandoados gardan na súa memoria. Falar por falar, escribir por liberar, chorar por chorar...

Palabras sordas, non mortas, silenciosas, sinceiras, oscuras,que curan feridas vendidas a Satanas,curas non son quen de calmar a dor desta posesión infernal, marginal,virginal, barrocos versos de sangue fresca ,¡pintoresca vida!¿fría?¡non!cálida... pero tamén pálida como a morte máis gótica.

doús nenos perseguen o vento...

Son só silencios, son só suspiros, son só sonatas sen ningún sentido...

Son só abrazos de letras, son só misterios, son só... ¡palabras!

13/01/2006 09:38

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]