cando saias por esa porta
non te esquezas
de levarte a bolsa do eroski
que leva lixo,
carne crúa
e un pouco de min.
o lixo foise xuntando como se xunta o lixo.
a carne crúa é o meu pulmón esquerdo,
que se fartou do meu corazón.
de min só vai algo máis de lixo.