Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Pode que este non sexa o momento

Pode que este non sexa o momento
ou pode,
sinxelamente,
que para isto non haxa momentos.

Pode que arrepentirme sexa algún tipo de arte
ou pode
que o sangue que me escorre entre as pálpebras
sexan bágoas.

Pode que a vida non dea máis oportunidades
ou pode que a vida sexa a propia oportunidade
e que eu só intente medir a altura
que me separa
do chan.

Pode que isto só sexan palabras
pero sabemos que non.

Pode que hai un ano estivese no mesmo sitio,
pero as cores serán sempre outras.

Ou pode que non.

E que todo isto sexa perder o tempo.

Porque o que importa é só aquilo que é.

O resto pode que sexa invención.

17/01/2006 13:56

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]