Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Veráns por vir

os brillos no que se di
son silencios
e son verdes.

O gran paso por dar
está aínda por comprender.
O gran paso por dar
son catro palabras
que xa escoitaches e que direi
cando xa todo dea
igual.
O gran paso por dar
quizáis non sexa tan grande
e ao mellor nin sequera
é un paso
e é unha alegría
ben razonada.

Hai máis razóns nunha das túas palabras
que en milleiros de brillos silenciosos e verdes.

O gran paso por dar
tinguirá a crueldade
de serenidade e aire.
O gran paso por dar
entre o branco.
O gran paso por dar
só o escoitaremos nós
e será música.

Cando falar de cousas menores non garda senso.

E nos amamos.

02/02/2006 13:55 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.