Unha nova ciencia
pode ser un trauma máis
cando xa todo tende a ser un trauma máis.
A feira abre as súas portas
e mantén cada corolario
dictado dende as nubes.
Unha nova ciencia para entender
cada dedo anárquico
co que me sinalas
dende milleiros de aspectos
e matices.
A feira abre as súas portas
e mantén orgullosa
o seu novo teorema
co que pretende
dictar sentencia.
A amizade é de sal.
O amor é de sal.
A dor é de sal.
O sal dicta teoremas.
E nós tomamos notas,
pero non entendemos nin a nosa letra.