Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Baleiro

benvida sexa,
novamente,
esta chamada.

pretiño do máis insano
e alonxado de milleiros de estrelas
todo se volve realidade
porque así o decidiu alguén.

pode ser que todo o que precise
un ladrón
sexa mirar atrás e saber que o sol segue
inmutable

para el.

a xente non sabe que cando falo do que falo,
sinxelamente,
falo do que falo.

as beirarrúas non estaban onte
para camiñar nós.
o ceo non se plantexou
en ningún despacho relamido.
a area na que choras
non sabe nada de bioloxía
e, senembargo, existe.
as follas que tinguen de miseria
a túa alma
terán nomes con poucas vogais e mirarás
dun xeito estraño os seus determinantes.
as pedras nas que te apoias
prepararon pola mañá guións e parénteses
e algún tema relacionado coa retórica máis cheirenta.

viaxei ao sol cos petos baleiros
e a alma baleira
e o sorriso baleiro.

09/02/2006 12:05

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]