de que cor pode ser un rostro
que baile contra da sensatez?
nada di o que se escoita máis alá dos muros.
nada di o que treme entre as pálpebras
pretendendo ser.
nada di un xesto de amizade.
se dous anos
non chegan
para asimilar toda estructura
amosada pola dor
quizáis en tres anos
a dor continúe
desestructurada
e sexa gris.
a ocupación rematará.
a morte finará.
heroes e honra e terrorismo
correndo polas rúas
dunha parcela universal
por entender.
a relatividade pode non ser tal.
a relatividade intúela a escuras.
a relatividade non ten cor,
nin arrecende.
pode que deus fose unha puta.
e pode que ninguén tivese un peso.
e pode que deus emigrase.
e que agora estea onde só sabe deus que está.
tes mil deuses e non o sabes.
tes mil deuses e non o sabes.
tes milleiros de deuses que te afogan
e te foden ben fondo
e non o sabes.