coa man chantada na terra
sinto o ritmo
dunha pena que late por min,
dun soño que versa
e se encabalga
valerosamente
na paz da dupla vencedora.
non cambiará nada.
non mudará nin a mínima expresión da faciana
da burguesía estranguladora
nin do mando capataz.
as batallas quedaron lonxe.
as escapadas déixanse ir ao alento de deus.
os remuíños entenden as trampas explosivas.
os remuíños entenden delitos e ofensas.
aquí quedamos nós.
os que apoiamos a candidatura do sol
para ser
sol.