pode que haxa máis palabras
das que che levo ditas
e sei que han quedar perdidas
e esquecidas,
pero así está feito este camiño.
o escrito non vale de nada.
a historia de cada un xa está prostituída.
como cando remata un catrimestre
e as promesas
quedaron en nada.
a historia de cada un
xa nin lembra as promesas
de antes de durmir.
hai máis razóns nalgunhas das palabras
das que che levo ditas
que na miña propia historia
ou na de cada un.
a historia de cada un quedou hai uns cantos anos
estancada.
as promesas de antes de durmir
enguedéllanse nun eco escuro
que nunca entederás.
porque as promesas estaban feitas
sen milleiros de cores.
no tempo das promesas
os campos eran rectilíneos
e a area era area.
no tempo das promesas
a memoria era un miligramo
e a orde era dictatorial.
no tempo das promesas
a música luxada da radio
e as películas eran historias
nas que crer ou non.
no tempo das promesas
a relixión pechaba os cancelos
e a policía perseguía aos malos.
no tempo das promesas
as bandeiras non eran de amor
e os caldeiros ían mudos ao traballo.
no tempo das promesas
a guerra era pola paz
e os soldados ían de verde baixo as túas mans.
no tempo das promesas
os berros daban risa
e os risos eran sinxelos.
no tempo das promesas
a resaca era unha veciña
e as trompetas saían pola rúa.
no tempo das promesas
o amencer era unha parte do día
e os sábados apetrenaban a asfalto mollado.
no tempo das promesas
a amabilidade era incuestionada
e a evasión non tiña tonalidades de victoria.
no tempo das promesas
os cultismos agachábanse tras a parede
e a xustiza era de millo.
no tempo das promesas
os cuarteis eran edificios
e máis de tres podería ser catro.
no tempo das promesas
non era o que son agora
e vivir non era só vivir.
pero o tempo das promesas
xa foi
e agora só quero existir
día tras día
para vela
e ser feliz
novamente
mil anos.
maite nauzu?
bai, maite zaitut.