Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Corre

e xa todo queda dentro das miñas mans
como unha doce noite
na que un forte corazón deixa
de enredar e purificar angustias alleas.

é unha triste sorte
a do viaxante na choiva.

e cando o vento cesa
volta a casa o viaxante na choiva
e é unha mágoa.

pode que sexa un peso
na fraternidade
que conformamos coa historia
e pode que só entremos de lado.

os cans que oubearán no teu derradeiro día
non están por nacer
e non teñen nome.

para o viaxante na choiva
a guerra non rematará.

frades e máis pedriñas baixo os pés.
nenos e máis pedriñas baixo os pés.
obsesións e máis pedriñas baixo os pés.

a choiva só é auga
e a tristura é outra cousa.

13/03/2006 10:32 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.