Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Mañá marcho

mañá vou facer o que me dea a gana
e non digo gana ou gaña
digo que vou facer o que queira
é dicir
vou coller
e ir ao meu
ao meu aire
espertar cando e onde queira
e marchar
vagabundo
despistado e sen máis senso
que o que alguén pode entrever
porque os eruditos
poderán ver algún senso
pero non
non terá senso
nin será sensual
e irei buscando a carga emotiva
de cada momento
porque será o único que haxa
alá onde eu vaia
e o resto
daráme igual
porque indo polo mundo adiante non haberá
facultades
nin futbolíns por escachar
nin haberá descendencias
intuidas e saxonas
e tampouco haberá
indo polo mundo adiante
nin un so teléfono
nin cousas tan estúpidas
e farturentas
como mensaxes
televisión
autobuses
cristal
asfalto
balóns
laranxas
amorodos
e outras cousas
que poderiamos meter na maior
licuadora
do universo
pero non
non haberá nada diso
non haberá epónimos
nin anxos
nin bolboretas
nin náufragos
nin escadas cara ao fondo do mar
porque nin siquera
haberá mar
e será así
o xeito no que eu vaia polo mundo adiante
ao meu
facendo o que me pete.

19/04/2006 11:52

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]