Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




A terceira bala en Tupac Shakur

as meirandes verdades por vir
serán soles silenciosos e escuros.

cando a inocencia berra,
cega,
dende ondas invisíbeis
sobre cincocentos gramos de alcol e xenreira.

na carne
pólas ceibes e vermellas.
na carne
máis carne sionista fagocitando
esquemas áureos.
na carne
a vida carece dunha misión
e aluga calquera cousa
estúpida.
na carne
a forza do que non é
solápase baixo a tenrura
do que non é.

a elección fai dano e molesta.
a elección é unha merda
e afastareina día tras día.

sucedáneos.
masturbación.
sexo.
playstation.
bruce willis.
castromil.
chándal.
hip-hop.
pipas.
mobilidade.
esencia.
caldeirada.
bailar.
miopía.
sábanas.
margaridas.
procesións.
centro-dereita.
almanaques.
gasoil.
licor.
vontade.

a inxustiza non ten nome propio
e o máis belo do universo molesto
ten nome de mar.

20/04/2006 08:38 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais.

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]