Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Catorce

a histeria
en mans de cincocentos
mortos
ensanguentados e podres

hoxe quero morrer
neste mundo

non coñecín a ninguén
e todos falades por min
os coros
da miña saída
serán encoros
repletos de sal e cravos

a ferruxe
non existe

non hai dor

merda
nos vasos capilares
da miña mente
doente

voume abrir o ventre
e ver o xeito
no que as anguías
grises
escorren por entre as miñas pernas
trabando todo o que poidan

non vou estar sempre aquí
e pode que a lucidez
só estea por esta vez

o camiño

o camiño
é negro
e o verbo ser
mátame por dentro
non quero

se morres hoxe voume
arrepentir
toda a miña vida
de isto que sinto agora
e que todos sabemos
que é un cancro en expansión

entendes
a utilidade
e a verborrea
de todas as veces
vermellas

acabarei isto
e non berrarei

outro escrito

e o lume

03/05/2006 09:04

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos.]