prohibida a honra
prohibida a elegancia
prohibida a dor
e agora que aquí
entraches
dende un estranxeiro de pan de millo
fasme rir
e fasme odiar
canto a miña canción
canto a miña canción
canto a miña canción
que fala do dereito
á insumisión
do dereito
ao alzamento en armas
que fala dun corazón dividido
e inconstitucional
dun corazón que só se lembra
de que é un corazón
cada vez que latexa
e se para
recrearse
no meu propio
sangue
noxento
nesta noite
quero ver
paredes
artísticas
co meu sangue
desequilibrada
e cando disto falo
falo
do meu sangue