Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Esta canción vai dedicada

para que ninguén conte
nada
para que non teña que ter conversa
algunha

ás persoas que me teñen fallado
ás persoas que molestan
ás persoas que falan na miña ausencia
da miña ausencia

dito noutras palabras
non quero máis cousas desas

o pasado foi unha merda
e volvería só para destruílo
até que os oídos
me pitasen
por causa
de centos de estalidos

non quero falar
non quero considerar
non quero meditalo

era moito máis sinxelo
pero fixéchelo difícil

e o tempo do salmón que escollía o camiño difícil
rematou

a base de sangue
a base de lume

por segunda vez
por esta vez
non che vou deixar

e voute deixar

08/05/2006 15:11 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: Anónimo

mola moito!!!!

Fecha: 11/05/2006 20:25.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.