Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




O político perfecto (Caracusto)

20060531194522-politic.005.jpg

Como estudiante de políticas teño que dicir... que sería o peor político do mundo. ¿ Por que? Porque se algo aprendín nestes anos de festa e atracóns de chapatoria varios, é que a política nunca solucionara nada VERDADEIRAMENTE importante,e falo en termos de supervivencia e dos grandes problemas da humanidade.

Dime unha política do Goberno e direiche o pouco que me importa.

E certo que a política soluciona problemas de pequena índole, que está ben que se solucionen. Pero quitarlle a piruleta a un neno para evitar a súa caries, para darlle despois unha paliza e deixalo morto, é un pouco tontería,¿non? Pois benvidos o bonito mundo da política.

O problema é que quitarlle a piruleta o neno é algo bo que non implica riscos, pero intentar evitar que lle dean a paliza fai que seguramente cha dean a ti.

Non se pode ir pola vida jodentote a ti para salvar o resto, é bonito pero desaconsellable:
- donar tódolos cartos do Estado para o desenvolvemento dos países do terceiro mundo é bonito pero desaconsellable, é un suicidio político é a ruina para o teu país.

Por eso cando escoito que xente loita pola independencia da súa nación e pola defensa da súa cultura digo: eu tamén o apoio, é unha boa causa, pero é un luxo que nos podemos permitir os nenos ricos, a unha persoa do terceiro mundo dalle o mesmo MORRER que MORIR, dalle o mesmo que maten os seus PAIS que a SUS PADRES: todo é ijual de horrible. Mentras nos nos entretemos co Estatut, a autodeterminación do País Vasco, a defensa da nosa cultura, o matrimonio homosexual ( cousas que quero deixar claro que eu apoio), morren millons de persoas de fame, por enfermedades con cura, por guerras inxustas e imperialistas.

A política é a sacarina do café despois de comer un cacho de touciño, é a tirita a unha ferida de bala, é o "podemos seguir sendo amigos", é a merda cantante e danzante do mundo.

En definitiva. os grandes logros da humanidade non se consiguen cá politica, entón a decisión esta nas nosas mans, decidide se votar para mellorar as cousas na nosa minuscula xaula, ou pasar de todo por soñar que algún dia saldremos voando moi lonxe dela. Mellorando a xaula ou non, ¡seguiremos soñando que é o que nos queda!

31/05/2006 19:45 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Os meus tolos.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: Samo

agus, a foto que che puxen non lle fai xustisia ao texto, pero non puiden evitalo.

saúde, irmán!

Fecha: 31/05/2006 19:48.



Autor: Lobo

interesante reflexion si señor, la apoyo.

Fecha: 31/05/2006 23:15.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.