Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Obedecerás cando te vaias

uns centos de credos

uns miserables
pensamentos
dogmáticos

desprazarse
social
social

estética
rebentada
asociada coa nada

na miña mirada
non hai métrica
o amor non rima
a retórica non vai por dentro
a gramática
non a fixemos nós
conducta porque o dixo alguén
por debaixo
pasando por debaixo

cravo no aire
un credo

dáme papel
dáme frío
dáme metal
dáme todo
dáme o que levas entre as veas

nin un paso
sen deixar de mirarme
entre o fume

no tempo desta
época
unha década é un minuto
os séculos
fan de anos
os segundos respiran días
e a semana
vaise entre os dedos da noite

01/06/2006 10:28

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]