Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Poema longo que fala de alcol e outras cousas e que ten algunhas mensaxes subliminais para xente que nunca lerá isto pero que gustei de poñer porque me semellou interesante

acaba a mensaxe
mira cara adiante
sorrí
probablemente
deus entre as rodas da súa vida
érguese
alcol
de súpeto o alcol
non pode andar
e vai con cada golpe de mar
alalás do fondo da ría
non quere
doce
pensa en calquera
cousa
un neno
coa faciana pintada
de vermello
nunha bolsa do lixo
do lixo de verdade
cara ningures
fai o indio coa mirada
fai un indio
créao
ponlle séculos de historia entre cella e cella
e fai un indio
e maltrátao
e xa ten un indio
o banco é de madeira
e o seu peito é de madeira
a madeira vén das árbores
cristo é unha árbore
deus é unha árbore
o lume entende de ateísmo
o lume xermola
nas súas mans
quere falar con alguén
menudos
quere falar con alguén
moita gomina
gomina de máis
quere falar con alguén
ten un seis e nada máis
mira estrañado
chamada perdida
descártao
inda que non o quixese facer
quizáis gustase de dicir algo
pero mellor non
as horas son outras
canto cristal
as horas son outras
é dicir
non son horas
sae
un saúdo
evidencias
evidencias
pero dá o mesmo
sae
pedras
canto cristal
di o padal inseguro
canto cristal
di
dúas luces rápidas
dúas luces describindo
a súa maxia de silencio e tumulto amarelo
montelouro
montelouro
montelouro
o seu pai
é montelouro
sinálao
para que el o lembre tamén
de cando en cando
canso repousado relaxado recostado aburrido
a lírica do coche bomba enténdese nesta noite
a retórica da mutilación vai paseniño
sabe que un día voltarán moitas cousas
e gustarálle potenciar
a tolemia
quere volver atrás
vaise
rube por o que pensa é o tempo
rube no tempo
está enriba do tempo
e volve atrás
cun coitelo entre os dentes
e lume nas súas mans
e destroza o pasado
cada un dos sinais que alí quedaron
fai dedo
pero abúrrese
e vaise
séntase
pasa alguén
a deda está fría
será polo frío
ou polos calcetíns
alcol
dous postes de ferro que non son espellos nin nada
séntase outra vez no mesmo sitio
descártase
cae da convocatoria
pon os seus dedos dentro dos ollos
antes de esquecerse de todo
alguén sabe o seu nome
nada máis
por iso
só por iso
quere saltarse todo
como un mamífero branco e negro
e non sabe con quen
é de coiro
o asento é de coiro
de súpeto está en cama
montelouro
montelouro
montelouro
fala con ninguén
fala con trozos de guiso
con anaquiños de xeado
fala nunha lingua para a que ninguén foi aprendido
chamada desligada ou desmotivada
só ten un seis
e o oito viste longo loito
foi feito para coller todo o nerviosismo
que leva dentro a noite
pero non o vai facer
mañá será un mellor día
para o arrepentimento
ou para
pararse
e deterse
e fuxir

06/06/2006 12:19

Comentarios » Ir a formulario


Autor: Xuko

Tremendo Samu, tremendo...

Fecha: 06/06/2006 12:41.



Autor: paula

o mellor e que eu son moi friki de diosou aljo asi pero atopo moitas similitudes con running to stand still marabillosa cansion
justame

Fecha: 09/06/2006 15:40.



Autor: Samo

nin sei que cansión é

Fecha: 12/06/2006 11:14.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]