gustaría de ter un monte de nenos
amplificados
con un pouco de delay
falar italiano
como un wah-wah
pero pode que hoxe estea
drive
ou
more drive
DAD sempre
porque as milicias van máis rectas deste xeito
falar nunha poesía de poesía
falar de rock and roll nunha canción
berrar ska
dicir que iso é un corrido
anunciar unha muiñeira
cando é gol cantar o gol
chamarlle toureiro a un toureiro
chamarlle puta a alguén
dicir o nome dunha nación ou e algo que nos dixeron
que era unha nación
a poesía combativa
dáme rock and roll
ska
o corrido de lucio
a muiñeira de niñodaguia
premio premio ta ta ta ta
asasino covarde
nunca
gora al-andalus lliure