metín a agus nunha lata
hai tempo
baleireina esta noite
nunha cunca verde
púxena no micro
e agora púxeno no sofá
a ver qué me conta
algo do avante
ou dun quinito
mira a bata que usa
ofréceme galletas
pero son miñas porque
estou na miña casa
pero válenme o mesmo
inda que non sexan iguais
hai uns anos collín a félix
e gardeino nun envase
estraño
de plástico
e conxeleino
e alí quedou
hoxe saqueino
está ao sol
xa esperta
e xa tolea
félix tolea un lote
está organizando algo
a saber
non me lembro ben pero
creo que foi
hai tempo
que collín a diego e
púxeno nunha bulsa
sabedes
nunha bolsa
metino alí
e pecheina
fíxenlle un lazo así
destes
e gardeino
e hoxe rompín o lazo
que sempre é máis sinxelo
que desfacelo
e agora está sentado na banqueta
fálame de vinte mil movidas
risas
miña nai
creo que foi
pois
supoño
que foi hai tempo
que pena andaba despistado
e gardeino nunha caixiña
azul e marrón
leveino ao trasteiro
alí quedou
hoxe saqueino
está calado
pero de súpeto
salta cunha tolada
non sei a quén vai fichar o depor
nin el tampouco
pero tolea
tolea sen xeito
da forma na que se debe tolear
digo eu
inda que
inda que nada
dá igual
xa é tarde
e estes andan toleando
xa contarei o resto do asunto
algún día
destes
dentro dun tempo
cando xa haxa tempo de por medio
ou ao mellor non
porque ao mellor non volto máis
porque estou morto
e isto ten un significado
máis transcendente
de súpeto
así
polas boas
ou
mellor dito
polas fodidas