primeiro fun dándolle do dedo
co índice
pouquiño a pouco
cando xa o tiña dentro
intenteino co corazón
co dedo corazón
co do medio
e cando xa me vin
confiado
metín os catro dedos
todos menos o polgar
metinos
despois un can ladrou
e pensei de meter
o que me faltaba
e metino
e xa foi o resto da man detrás
até o pulso
e nada
e agora paseo polas rúas
lendo carteis publicitarios
coa man fedellándome dentro do bandullo
mentres sae un pouquiño de sangue
polo espazo que queda
entre o embigo
e a miña man