unificarei un continente
entre os intestinos que
rimen en asoante
co destino da túa
ignorancia voluntaria
derrubarei todas as fronteiras
dese novo continente
negro
para berrar no lombo dalgún animal
versos de bukowski que non lembrarás
na tarde da túa
ignorancia voluntaria
xerminarán flores
e ledicias en cada esquina
na que a auga antiesclavista
proclame a liberdade
da súa sangue de reis do universo
mentres te agochas
na túa sempre esquecida
ignorancia voluntaria
soarán mil cancións
no mesmo segundo
a unha velocidade descoñecida
e estremadamente sufrida
para que no eco da túa mirada
alguén sinale
coa xenreira do seu lado
a túa malgastada
ignorancia voluntaria