o cubismo equivocouse
o dadaísmo equivocouse
o modernismo equivocouse
o marxismo equivocouse
o nazismo equivocouse
o liberalismo equivocouse
o ciclismo equivocouse
o atletismo equivocouse
o automobilismo equivocouse
o catecismo equivocouse
o cristianismo equivocouse
o seísmo equivocouse
o abismo equivocouse
pois a ver se agora
non me vou poder equivocar
e sentirme arrepentido
cousa que outros non fan
o de arrepentirse
non o de equivocarse
e facer as cousas dun xeito raro
mira
unha parede azul