con tres euros teño
suficiente
para malfigurar a túa cara
no meu recordo
e lembrarte apoiado en calqueira estación
de autobús.
con tres euros teño
suficiente
para deitarme sobre cada unha das palabras
que deixaches penduradas no meu oído
entre gritos e violencia
animal.
con tres euros
que aínda non teño.
non terás un euro por aí?