Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Sempre berrarei que te quero

ti realmente sabes
que eu quero ir até alí
que quero voltar agora
armado
coa miña mente armada
como un luca brasi
calqueira
como un tolo cheo de razón de tolo
sabedor de todo o que xa non pode cambiar

sábelo

e iso doe

e quero tirarche esa dor do peito
porque non aguanto unha bágoa
na túa faciana de anxo dourado
porque a subnormalidade do pasado
tornouse na impotencia deste día
tornouse na mancha da perfección que
agroma cando me miras

e ti sábelo

sabes que quero ir até alí
que quero volver atrás e mudar todo
cambiar todo de lugar
e agardar longa noite por ti
destruír toda a merda que non presta
quero volver ao comezo dos meus tempos
e agocharme no teu recordo futuro
para non ter medo da escuridade
mentres agardo
o momento do teu inicio
un inicio novo ao que chegar limpo
relucinte
incriblemente brillante coma un oso brillante
que nunca existirá

es a miña única certeza
a miña única verdade verdadeira
a miña liberdade
a liberdade da miña alma estraña

ti realmente sabes
que eu quero voltar até alí
como un luca brasi cheo de xenreira
armado coa miña mente armada
e abrir en canal cada segundo sen ti
trabar cada mirada que non sexa a túa
e cuspir o que arranque ao vento
berrando un canto de victoria

e tras tremendo acto de liberdade
e amor á túa grandeza de anxo dourado
subir ben alto
agocharme na escuridade tranquila
até o teu primeiro momento
até o teu primeiro intre
até o teu inicio
até o segundo no que apareciches
e me enredaches coa túa maxia
que fala de toda a felicidade do universo
e que se esconde
tras ese nome de mar
que se repite na miña mente
armada
de ledicia
de amor
e de ti

quérote

sempre

10/08/2006 22:03 Autor: Pira. Enlace permanente. Tema: Pallas mentais.

Comentarios » Ir a formulario


Autor: Miriam

Joer Samuel!!!sniff,snif!!!
Que bunito, eu sabía que me querías...pero esto...es lo más!!!!Grasias!!

Fecha: 22/08/2006 09:02.



Autor: Anónimo

Eu tamen

Fecha: 31/08/2006 12:07.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Archivos

Temas

Enlaces


Blog creado con Blogia. Derechos de autor con . Estadísticas. Suscribir RSS. Admin.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras; Emprendedor ven a Iniciador Aragón.