Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Putas pantasmas

por riba da miña casa
pasean miles de mensaxes
como unha fobia
que reduce todo o que foi
a unhas poucas verbas desarticuladas

por riba da miña casa
pantasmas da cirrose
recalculan novamente as pérdidas
entre sorrisos e acenos de felicidade
de fillas de puta

gaivotas ennegrecidas
paspallases da bulimia vital do orfo

arredádevos de aquí

os erros quedaron chantados na miña nuca
e aínda que non se poidan arrincar
na singradura deste paspán dos oitenta
que a dor se reverbere en ondas
é un acto cruel de pantasmas
fillas de puta

sentado aquí
limpando cunha nube pesada este ak 47
da conciencia
preparo o meu derradeiro ataque
no que rematarei con todas esas pantasmas
do pasado
que vomitan anaquiños de dor
e de merda
e do arrepentimento
que marabilla a quenes
alugaron unha eternidade
no inferno

14/08/2006 15:49

Comentarios » Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]