Arrepentirme podería ser algún tipo de arte



busca...




Comezando a pensar en cobrar por falar por falar

eu son o que fai a choiva
o que pensa que esta noite
debe chover
para que falen
para que sexan as catro
ou máis
e que falen

o tempo da que xa vendeu o seu tempo
non é nin un intervalo
entre o momento da venda
e a morte

o tempo entre a venda
e a morte
é cada comentario que non vale
nada
cada porta pechada
cada cousiña sen vida coa que nunca
falou

non hai emocións máis alá
do seu catálogo de emocións
non hai máis sínteses da realidade
que a que apareceu calqueira día
no seu buzón de papel
non hai outra concepción da vida
que non sexa a que marcou
o ritmo da súa frustración

a frustración
de seguro
ten menos responsables
dos que ela pensa

vén
e bebe o meu viño
ninguén se ergueu hoxe para
falar da limpeza de ningún cosmos
e non che poden conectar
a ningún pedal de distorsión

quizáis a vida
sexa
a mellor broma

14/08/2006 15:51

Comentarios » Ir a formulario


Autor: Anónimo

comenzando a pensar
en cobrar por pensar
por pensar equivocadamente por pensar o que non é
a calquera hora

Fecha: 16/08/2006 05:53.



Autor: Anónimo

ti sigue asi anda, enfin....

Fecha: 31/08/2006 12:13.


gravatar.com
Autor: caladinha

Unha broma ben fodida!

Fecha: 04/09/2006 20:52.


Añadir un comentario




No será mostrado.






Visitas resibidas dende o catorse de marso de 2006. Canto insensato hai no mundo.


Web Counter

Archivos

Temas

Enlaces


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]